Ribadeo, 23 de xullo de 2025. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou aos rapaces que estes días participan na primeira edición do Campus Internacional de Baloncesto ‘Sublime’ que se está a desenvolver en Ribadeo. O Goberno galego colabora con esta iniciativa, enmarcada nun proxecto impulsado conxuntamente polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA Payton Pritchard, recoñecido este ano como Mellor Sexto Home da tempada.
Trátase dun campus de tecnificación que reúne a 30 participantes, de entre 12 e 19 anos e de diversas nacionalidades, que teñen xa experiencia no baloncesto. Aquí teñen a oportunidade de perfeccionar o seu xogo a través de adestramentos dirixidos por un equipo internacional de profesionais, que lles ensinan as mellores técnicas do baloncesto europeo e americano, definindo o carácter único e diferenciador desta proposta.
A actividade, que comezou o pasado domingo e remata este venres, 25 de xullo, desenvólvese en dous pavillóns do concello de Ribadeo e está codirixida por dous técnicos de referencia: o europeo Josep María Raventós e o estadounidense Casey Trujeque. Ademais das sesión de adestramento, o campus ofrece competicións, charlas e sesións divulgativas sobre aspectos importantes como a psicoloxía deportiva ou a alimentación, que se completan con actividades lúdicas para favorecer a convivencia e o lecer dos participantes.
Javier Arias aproveitou a visita para intercambiar impresións cos participantes e co equipo organizador, e destacou a importancia deste tipo de iniciativas “que promoven o deporte, o traballo en equipo e o intercambio cultural”. Puxo ademais en valor o compromiso da Xunta co deporte base e co fomento de hábitos de vida saudables entre a mocidade.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



