Barreiros, 29 de xullo de 2025. O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova campaña de reparto de composteiros individuais para fomentar a reutilización dos residuos e o seu aproveitamento; reducindo así a cantidade de residuos orgánicos que actualmente se depositan no colector verde.
Campaña informativa cun posto público e apertura das listas para solicitalo
O vindeiro venres, 1 de agosto colocarase un posto de información pública sobre a campaña e o proceso diante do Centro de Saúde, en horario de 8:30 a 13:00horas. Nese posto, as persoas que se acheguen obterán información sobre a compostaxe e sobre a propia campaña, podendo anotarse para solicitar o seu composteiro individual, que será entregado posteriormente nunha xornada formativa.
Igualmente, a partir desa data (1 de agosto) e ata o 14 de agosto, as persoas interesadas poderán anotarse para solicitar participar na campaña chamando ás oficinas municipais no 982.124.002, facilitando nome, enderezo onde se situará o composteiro e número de teléfono.
A entrega de composteiros realizarase por estrita orde de anotación, tendo prioridade para os mesmos as persoas empadronadas.
Fomentar a compostaxe doméstica: reducir residuos para alimentar a terra
Mediante o incremento do programa de compostaxe doméstica, o Concello de Barreiros pretende incidir na necesidade de reducir os residuos que se depositan no contedor verde xenérico, ao tempo que se pode obter un composto que se utiliza como acondicionador de solos en xardíns e hortas das vivendas que os fabriquen.
Desde a concellería de medio ambiente explican que para facer “compost” só se precisa un pequeno espazo na horta ou xardín e que nel poden depositarse restos orgánicos como froita, verdura, cascas de ovo, pousos de café, restos de poda, follas ou céspede.
Dámaso Ratoeira insiste en que “calquera persoa pode obter este produto e pode contribuír a reducir residuos, de xeito que os custos tanto económicos como ambientais da xestión do lixo se poden ver notablemente mellorados con un pequeno xesto”.
Xunto cos composteiros, entregarase o material necesario para levar a cabo o proceso, así como os manuais coa información necesaria. A entrega dos mesmos terá lugar nunha xornada formativa na que tamén se poderán aclarar calquera dúbida que poida existir e o programa contará con visitas de seguimento e soporte técnico a posteriori.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



