Foz, 23 de xullo de 2025. Hoxe deu comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza Acia Foz-CCA. A cita seguirá mañá e tamén o sábado, 26 de xullo.
Durante estas xornadas Fóra Stocks preto de corenta establecementos comerciais sacan os seus artigos á rúa e ofrecen descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan 36 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a veciños e visitantes a aproveitar esta nova edición do Comercio na Rúa. Trátase dunha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos”. E engade que “esta é unha campaña tradicional nesta época en Foz, que ten unha grande acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.
Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.