Foz, 17 de xullo de 2025. A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz instalou un punto violeta nas festas na honra á Virxe do Carme, un evento con gran concentración de xente, anunciou a concelleira Ana Rojo, que explica: “os puntos violetas son espazos de información de sensibilización destinados a mulleres e persoas do colectivo LGTBIQ+ que puideran sufrir ou presenciar unha agresión sexista ou de acoso a unha posible vítima. É un punto de información, de apoio e de axuda para calquera persoa vítima de agresión; e ademais de ser o punto morado sensibiliza e visibiliza cara á sociedade sobre as agresións sexuais neste tipo de eventos”.
Ana Rojo engade que “o obxectivo que se persegue dende o Concello é que calquera persoa posible vítima de acoso ou agresión reciba acompañamento de maneira áxil e segura con atención personalizada. Este espazo estivo atendido por un equipo de profesionais técnicas: unha psicóloga, unha integradora social formada no eido da igualdade e unha coordinadora. O punto violeta estivo situado debaixo do edificio de Servizos Sociais e do bar náutico. Conxuntamente realizouse unha enquisa por franxa de idades entre mulleres e homes para valorar o nivel de preocupación e de información do que dispoñen as persoas sobre como actuar fronte a determinadas situacións de acoso ou de agresión”.
O Concello de Foz busca “crear un ambiente de confianza difundindo os valores da igualdade do respecto e convivencia, fomentando festas libres de violencia machista, coa cultura do respecto e coidado mutuo”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



