A distinción recoñece os altos estándares de calidade do areal
Viveiro, 11 de xullo de 2025. O Concello de Viveiro procedeu ao izado da bandeira azul na praia de Area, distintivo que lle foi concedido un ano máis pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor). Esta distinción recoñece os altos estándares da praia de Area en materia de calidade ambiental, servizos e accesibilidade para os visitantes.
A bandeira azul avala que o areal cumpre cos requisitos esixidos en aspectos como a calidade das augas, a seguridade, a atención á cidadanía, a xestión sustentable dos recursos e a educación ambiental. O seu mantemento implica un esforzo continuo por parte da administración local para garantir espazos públicos de calidade e respectuosos co medio.
Un ano máis, Viveiro reafirma o seu compromiso coa excelencia e co coidado do seu entorno litoral, consolidando a praia de Area como un espazo de referencia para o lecer e o turismo sostible.