Foz, 3 de xullo, 2025. O xoves día 10 de xullo ás oito e media da tarde, celebrarase na librería Bahía unha nova edición do programa Afinidades Electivas promovido polo Ministerio de Cultura.
Nesta ocasión estarán presentes a poeta galega Yolanda Castaño e o poeta asturiano Miguel R. Monteavaro para conversar sobre as súas respectivas obras, a creación poética, a relación das distintas linguas que compartimos na península Ibérica e o lugar dos creadores na sociedade.
Yolanda Castaño é unha poeta cunha longa e moi recoñecida traxectoria. Entre outros galardóns, foi Premio Nacional de Poesía 2023 polo seu poemario Materia. O poemario A Falsa Autonoma, de 2024, é a súa última publicación. É, ademais, unha autora interesada na relación da poesía coas demais artes, e nese sentido, participou en varios proxectos que fusionan literatura e audiovisual. Podemos dicir que, sen dúbida, é unha das poetas galegas actuais máis coñecidas e recoñecidas tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.
Miguel R. Monteavaro é poeta, filólogo e músico asturiano, de Boal, “na mesma raia” como él mesmo a define. Gañou no 2019 o Premio de Poesía Joven de Asturias. Ten no seu haber publicacións tanto individuais como colectivas escritas en asturiano ou en galego de Asturias. Actualmente é profesor na Universidade de Oviedo.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



