Rosana Pérez critica a dobre vara de medir dos populares, que mentres gobernaba Rajoy dicían que os bidóns radioactivos non eran preocupantes
Santiago de Compostela, 9 de xullo, 2025. Pleno. A portavoz de Mar do BNG, Rosana Pérez, denunciou no Parlamento a política de “brazos cruzados” do Goberno do PP diante do “risco potencial” do cemiterio nuclear da Fosa Atlántico e “sen facer valer en ningún momento a necesidade de garantir a protección fronte ás verteduras de residuos nucleares tan preto de Galiza”. “Un Estado ausente e unha Xunta desaparecida, tanto que o propio presidente Rueda recoñeceu que a Xunta non se preocupou nin polos bidóns nin polo seu estado nin polas súas posibles consecuencias”, censurou.
“Van facer algo para que se investiguen e se leven a cabo controis sobre o estado dos residuos radioactivos na Fosa Atlántica?”, preguntoulle Rosana Pérez á conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, á que recriminou a “dobre vara de medir” do PP, que agora pide explicacións ao Goberno do Estado polas 140.000 toneladas de residuos radioactivos vertidos no Atlántico pero “nin as pediu nin fixeron absolutamente nada” durante os oito anos nos que Rajoy foi presidente do Goberno central e Feijóo titular da Xunta.
Malia que segundo algunhas estimacións hai arredor de 220.000 barrís depositados fronte ás costas galegas desde hai máis de 40 anos sen ser supervisados até o momento, Rosana Pérez lamentou que o desinterese do PP chegue a tal punto que a propia conselleira de Medio Ambiente chegou a “fachandear” nas súas propias redes “dun descoñecemento ou dun cinismo supino” sobre esta cuestión.
Nestes momentos, lembrou, estase a levar a cabo a primeira misión para vixiar os bidóns con material contaminante por parte dunha expedición francesa. Misión que se centra nun único punto de vertedura, situado a uns 500 quilómetros de Galiza, dos 12 identificados polo Organismo Internacional da Enerxía Atómica ao longo da costa atlántica europea.
Criticou, neste punto, que aínda que este non é o único punto de vertidos preto das costas galegas, non exista un programa regular de vixilancia da radioactividade, tal e como recoñeceu a Comisión Europea no 2023 á eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que leva anos pedindo unha investigación da UE que aínda non chegou.
O BNG tense interesado por este tema en diversas ocasións tamén no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados e, malia iso, non é até o de agora cando o PP pide explicacións “como se non souberan nada”, asegurou Rosana Pérez, que aludiu na súa intervención ao “sorprendida” que se amosou tamén estes días polos depósitos da Fosa Atlántica a ex conselleira do Mar durante 14 anos, Rosa Quintana.
Lembrou, ademais, que en resposta a unha iniciativa do BNG, no 2012 o deputado do PP por Ourense Guillermo Collarte chegou a dicir que “generar inquietud en una cuestión que afortunadamente no parece que plantee dificultades me parece que es gratuito y que no tiene demasiado sentido”.
“Esta é a dobre vara de medir do PP. Cando gobernan no Estado non é un tema que presente dificultades e cando non gobernan, como agora, falan dun material potencialmente perigoso fronte á nosa costa. No 2012 non era un tema preocupante e no 2025 vostedes esixen explicacións como se non souberan nada do asunto”, manifestou, para reclamar a continuación un posición máis activa do Executivo galego para que se investiguen e se sometan a máis controis os residuos da fosa Atlántica.
.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



