Lugo, 29 de xullo, 2025. O BNG denunciou o “plan de parcheo ” e a xestión partidista dos recursos humanos de atención primaria por parte da Xunta de Galicia no pleno deste martes, no que se aprobou unha proposta do goberno provincial para reclamar ao goberno galego a cobertura das prazas vacantes e das vacacions de profesionais sanitarios este verán.
A portavoz do grupo provincial Iria Castro incidiu na carencia de profesionais de medicina familiar e pediatría en centros de saúde por toda a provincia, poñendo en evidencia a insuficiencia do plan no que, dixo, recurren de novo “á precarización de residentes que exercen sen instrucións claras sobre quen fará a supervisión” e “á prolongación voluntaria da xornada”. “Piden voluntarios? Están organizando un festival ou están ao cargo da sanidade pública de toda Galiza?”, cuestionou a deputada.
“Mirando os datos deste plan de parcheo do verán 2025 para a provincia, hai 15 médicos MIR e un pediatra para substitucións e cobertura de vacacións en toda a provincia. Pois miren necesitamos máis, porque non chega para os consultorios de Parga, Doiras e Castro de Rei nin para os centros de saúde de Cervo, San Cibrao, Xove, Trabada, Ribadeo, Viveiro, O Vicedo, A Pontenova, onde se suman prazas sen cubrir e vacacións dos profesionais nuns meses en que aumenta a poboación, nin para Baleira ou Portomarín,…”, enumerou.
A deputada fixo fincapé no servizo de pediatría, denunciando, ademais da escaseza de persoal, a xestión partidista dos recursos humanos por parte da Xunta de Galicia, que figuran resolver falta de persoal en reunións bilaterais con alcaldes do Partido Popular.“Vostedes falan de igualdade neste pleno, pero tampouco teñen pediatra as nenas e nenos de Castroverde, nin as de Becerreá. Hai nenas e nenos sen pediatra en toda a provincia. Donde está a igualdade? Son nenas e nenos de segunda, de terceira?”
Iri Castro concluíu sinalando que a situación da sanidade pública responde á estratexia do Partido Popular de favorecer á sanidade privada, “ 12,5 millóns de euros para este plan de verán pero 20 millóns de euros para concertos coa sanidade privada. Esa é a prioridade do Partido Popular”, concluíu.
Reforzo do control da avespiña do castiñeiro e axudas directas ao sector
O BNG sacou adiante no pleno provincial unha moción que reclama a Xunta de Galicia o reforzamento e a actualización das medidas de control da avespiña do castiñeiro tras “o incremento desta praga nos Ancares, Courel e Fonsagrada, que está alertando á veciñanza local e ao sector”
O deputado Daniel García reclamou ao goberno galego reforzar as medidas de control da avespiña e trasladar ás propietarias e propietarios información sobre as actuacións que favorecen a loita biolóxica contra esta praga.
Ademais, o nacionalista demandou á Xunta de Galicia “o mantemento das axudas directas ás produtoras de castañas, que se convocaron na anualidade 2024 pero das que non temos noticia en 2025”.
Regulación das plantas de biogás
No pleno provincial aprobouse tamén a instancias do BNG unha moción na que se reclama á Xunta de Galicia unha regulación que garanta a protección dos núcleos de poboación e do medio natural fronte á instalación de plantas de biometano, que evite situacións como a que tivo que afrontar a veciñanza de Coeses, en Lugo.
Na proposta, a formación nacionalista sinala a necesidade de fixar distancias mínimas entre as plantas e núcleos de poboación ou vivendas habitadas e de acoutar a distancia desde a que poderían trasladarse os residuos.
O deputado Efrén Castro sinalou que “a falta de regulación específica é unha lagoa normativa” e reclamou á Xunta que “poña as ferramentas normativas para minimizar os efectos adversos destas plantas e aproveitar o potencial do biogás sen macroproxectos que prexudiquen á veciñanza e ao medio natural. A elección da localización non pode depender dos intereses das empresas”, concluíu.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



