A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata Lieiro para participar na limpeza e acondicionamento deste lugar emblemático, agradecendo o compromiso e implicación do tecido asociativo local, e destacando a importancia de traballar en conxunto para preservar o patrimonio común, xa que “accións coma esta permiten recuperar espazos singulares que forman parte da nosa identidade”.
