Xove, 13 de xullo, 2025. José López visitou as ruinas de San Tirso, acompañado polo alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, a concelleira de Turismo Cecilia Duarte e o edil Manuel Ángel Meitín, onde se van levar a cabo traballos arqueolóxicos grazas ó convenio de colaboración que firmou co Concello de Xove, cunha aportación de 25.000€, para acometer próximamente unha actuación arqueolóxica de excavación e conservación en San Tirso en Portocelo, un enclave composto polo castro de Mechiluide e a antiga igrexa.
Deste modo, tal e como explicou sobre o terreno o conselleiro, “pretendemos favorecer a súa posta en valor e tamén o coñecemento deste sitio arqueolóxico para avanzar na súa investigación e caracterización”.