A amortización de débeda suporá un investimento de 557.495,75 euros
Viveiro, 16 de xullo de 2025. O equipo de goberno do Concello de Viveiro levará ao pleno do mércores 23 de xullo unha proposta de orzamento de 14.998.922,46 euros. Dese importe, o 91,45% destinarase aos capítulos de persoal e gasto corrente. O capítulo de gasto corrente ten asignados 6.932.140,78 euros, mentres que o de persoal requirirá o investimento de 6.785.576,47.
Unha das prioridades do goberno local, que accedeu aos cargos logo da moción de censura de marzo, foi a elaboración do Orzamento 2025. Despois de ter negociado con varios grupos, confía en poder aprobalo a semana que vén.
Outra das partidas destacadas será a amortización da débeda, á que se destinarán 557.495,75 euros, o que representa un 3,71 % do total orzamentario.
De cara ao ano 2026, un dos obxectivos do equipo de goberno será sacar adiante o Orzamento en tempo e forma.