Antonio Ameijide critica “a falta dunha política seria por parte do goberno da Deputación en apoio ao turismo” ante “a mala imaxe que proxectan as vías provinciais coas marxes sen rozar” que se suman “a estradas desfeitas co firme desgastado, blandóns e buratos de grandes dimensións”
Lugo, 2 de xullo de 2025. “Un ano máis, PSOE e BNG chegan tarde á campaña de verán ao estar sen desbrozar a maleza e o firme sen mantemento na rede viaria provincial, sobre todo naquelas estradas que levan aos turistas ata as praias da Mariña”.
Os deputados populares, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, xunto á alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e concelleiros populares comprobaron como as estradas provinciais están sen rozas, sen o mantemento correspondente e, en moitos casos, cunha sinalización moi deficiente.
Por exemplo, na estrada provincial LU-P-1506 (Cervo) que leva ata a praia de Rueta, a maleza obstrúe parte da calzada dificultando a visibilidade e, polo tanto, “constituíndo un risco para os usuarios”, sen esquecer que “tampoco se realizou o mantemento do firme” habendo numerosos buratos e fochancas que poñen en risco a seguridade.
Antonio Ameijide lamenta esta situación, recordando como “xa pedimos en numerosas ocasións no pleno que o goberno provincial de PSOE e BNG se anticipase a esta época do ano para que as estradas estivesen en perfectas condicións” pero “o que nos volvemos a atopar é que os deberes están sen facer a pesar de que tanto socialistas como nacionalistas sempre responderon que non necesitaban ningún tipo de recordatorio, que a imaxe sería perfecta, cousa que non ocorre”.
Esta situación volve a repetirse un ano máis cos primeiros turistas xa nos areais da Mariña o que dá “unha imaxe moi mala da nosa provincia” e todo pola “alarmante falta de previsión do goberno de PSOE e BNG para acometer os traballos de limpeza das marxes antes da época estival está a proxectar unha mala imaxe da provincia”.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



