Viveiro, 8 de xullo, 2025. Os socialistas explican que: “No vial coñecido por Camiño Real ou Rego da Fonte, que une a Rúa Grande en dirección a Casanova, fai case dous meses existe unha gran fochanca, (como se pode ver na imaxen), a raíz dunha rotura de auga, e cuxos efectos aínda non foron reparados. Ademáis existen outros baches que deberían ser reparados”.
“Esta situación está a causar molestias aos veciños e usuarios do vial, e ademais de representar un potencial perigo para o tránsito, tanto peonil como o rodado. É fundamental restablecer o estado axeitado do firme para garantir a seguridade e a accesibilidade nesta vía tan utilizada”.
“Por todo isto, rogamos que dende o Concello se leven a cabo, coa maior brevidade posible, as xestións necesarias para o reposicionamento do firme e se proceda á reparación coa maior celeridade posible, e que se informe dos motivos do atraso na actuación. Así como a reparación das fochancsa que sexan necesarias”.
Cemiterio Municipal
“Nas últimas semanas, veciños e veciñas de Viveiro teñennos manifestado a súa preocupación polo estado de abandono que presenta o xardín situado na entrada do cemiterio municipal. Hai presenza de maleza, restos vexetais e moitos dos setos están secos, como se poden ollar nas imaxes adxuntas, o que produce unha imaxe pouco digna e inadecuada para un lugar que debe manterse co respecto e coidado que merece. Así mesmo reclamar aos propietarios dos terreos de frente que manteñan limpa as mesmas”.
“O cemiterio é un espazo de memoria e respecto, e a súa contorna debería reflectir eses valores, polo que o seu mantemento debería ser prioritario nos plans de limpeza e xardinaría do Concello”.
Por todo isto, rogamos ao Goberno municipal que se leve a cabo de maneira urxente unha intervención de limpeza, poda e mellora do xardín, asi como o arranxo do bordillo da entrada ao cemiterio municipal, e que se estableza un plan periódico de mantemento para evitar que se repita esta situación”, explican.
Xardíns Noriega Varela
“Dun tempo a esta parte, obsérvase de que existen moitas follas secas sobre do cespede nos xardins Noriega Varela, como se estivésemos no outono. Dado que mostra unha imaxen de abandono e polo que solicitamos que se leve a cabo a limpeza regular das follas das árbores no chan dos Xardíns Noriega Varela, debido á acumulación que se vén producindo nos últimos tempos”.
“Esta situación xera molestias para os peóns, risco de esvarón, ademais de ofrecer unha imaxe de abandono nun espazo público de gran valor para a veciñanza”, indican.
“Por tanto, rógase que se intensifiquen as tarefas de mantemento e limpeza neste espazo, garantindo así a seguridade e o bo estado dos xardíns, ben pola empresa de limpeza e recollida de lixo contratada ou polo departamento de xardiñeiría do Concello”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



