O pívot canteirán asegura que un dos incentivos para aceptar a proposta da entidade foi “axudarlle neste momento complicado ao club que tanto me deu”
Burela, 10 de xullo, 2025. O canteirán Christian Rivas García, máis coñecido como ‘Pitero’ (Burela, 1999), continuará unha tempada máis ligado á disciplina do Burela FS, no que se converte na primeira renovación do conxunto masculino. Esta será a oitava campaña de laranxa do burelés, que se incorporou a todos os efectos ao primeiro plantel no curso 2018/2019, despois de que durante o anterior estivese xa na dinámica do equipo sénior de Segunda División e continuase a súa progresión no equipo xuvenil, que por aquel entón competía en División de Honra. Leva desde o 2004 na estrutura do club e na súa primeira tempada no equipo profesional, Pitero colaboraba no ascenso á máxima categoría, do mesmo xeito que o fixo na 2023/2024, a pesar de que unha grave lesión de xeonllo no play off do curso anterior o mantivera afastado das pistas ata o tramo final da competición. De todos os xeitos, chegou para axudar no momento clave e celebrar sobre o parqué un novo ascenso.
Pitero é un potente pívot destro que xoga moi ben de costas e con capacidade de remate tanto cos pés como coa cabeza. Seguramente debido á lesión comentada, o pasado curso foi de menos a máis en Primeira División e acabou anotando 8 tantos, algún de belísima factura como o conseguido na vitoria en Santa Coloma, onde asinou un dobrete. Foi o terceiro máximo goleador do equipo dirixido por David Rial.
Contento pola renovación
Pitero está moi contento coa súa renovación e non esconde que a situación do club foi un incentivo para aceptar a proposta. “Creo que para min era importante poder axudar ao club nestes momentos e despois de todo o que me deu. Son de aquí e creo que o club merecía que o axudáramos e eu que son da casa quería facelo e quedar. Creo que todos sabemos que é difícil o tema económico, que vimos dun problema serio, pero estou seguro de que entre todos os que nos quedamos, os traballadores do club, a xente de Burela e os que veñan sumar faremos que o club volva á elite e volvamos estar en Primeira, porque estou seguro de que imos loitar por iso”, sinala Pitero.
O pivote mariñán asegura que está “moi contento e con moitas ganas de que empece xa a pretempada” e lánzalle unha mensaxe á Familia Laranxa. “Dicirlles que é un pracer seguir véndoos todas as fines de semana, seguir dedicándolles vitorias e goles, e que saiban que moitos dos que quedamos estamos facendo un esforzo porque o pasamos mal o ano pasado, pero temos que darlles as grazas a eles porque nos axudaron moito. Teño moitas ganas de volver velos a todos no Vista Alegre”, conclúe o canteirán laranxa.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



