Burela, 15 de xullo de 2025. O Concello de Burela presentou hoxe pola tarde, no Barco Museo Reina del Carmen, dúas das principais iniciativas culturais e gastronómicas para este verán: a quinta edición do “Tapeo Bonito”, que se celebrará esta fin de semana, e o programa de música en vivo “Verán Bonito 2025”, que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto.
No acto de presentación do “Tapea Bonito” estiveron presentes a alcaldesa, o concelleiro de Turismo e as concelleiras de Festas e de Comercio, hostaleiros e hostaleiras, a Cofradía de Pescadores e representantes da Asociación Ledicia, organizadora do evento.
Pola súa banda, en representación da Asociación de Hostalaría, que organiza o “Verán Bonito”, estivo o seu presidente acompañado dos citados concelleiros e concelleiras.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, foi o encargado de dar a coñecer ambas iniciativas, destacando “a implicación da hostalería local” e o obxectivo común de “encher as rúas de Burela de vida, música e sabor durante os meses de xullo e agosto”.
O primeiro en presentarse foi o ‘Tapeo Bonito’ unha ruta gastronómica que terá lugar os días 17, 18 e 19 de xullo e que contará coa participación de 19 locais hostaleiros de Burela, que ofrecerán tapas elaboradas con bonito, produto estrela da vila.
Durante o acto, o concelleiro agradeceu “a todos os 19 locais participantes que nos deleitarán con esas tapas que teñen como base o bonito” e tamén tivo palabras de recoñecemento para a asociación Ledicia, organizadora da Feira do Bonito, “pola súa colaboración e pola doazón de dous exemplares de bonito que servirán para que os locais poidan preparar algunhas das súas elaboracións”.
Entre os establecementos participantes atópanse A Terraza do Nordés, Rompeolas, Salitre, A’Mares, Contraste, L’Urbana, Sargo ou A Viñoteca Ril, entre moitos outros, conformando unha ruta repartida por todo o centro urbano e o paseo marítimo.
A continuación, presentouse a programación do ‘Verán Bonito 2025’, promovido pola nova asociación de Hostalería, unha nova iniciativa de música en vivo ao aire libre que acompañará á hostalería local durante os meses de xullo e agosto, con actuacións todos os fins de semana en diferentes espazos da vila. En representación da Asociación estivo presente
O programa comeza mañá, 16 de xullo co grupo Gin Toni’s, e inclúe nomes como DJ Balbin, Clau & Santi, Superglú, DJ Pepu, Carta de Ajuste ou Edu Calvario, entre outros. As actuacións terán lugar en terrazas e zonas exteriores como Rompeolas, L’Urbana, Contraste, Salitre ou A Terraza do Nordés.
Pola súa banda, a alcaldesa de Burela, Carmela López, puxo en valor as actividades deste verán “música en vivo, propostas gastronómicas, programación cultural e deportiva, animación infantil… Unha oferta variada, pensada para todos os públicos, e que só é posible grazas á colaboración da nosa hostalería, do comercio local, dos clubes deportivos, das asociacións culturais e de toda a xente que se implica. Porque en Burela sabemos traballar xuntos, e iso nótase na actividade das rúas e na boa resposta da veciñanza”.
“O obxectivo é claro. Queremos un verán bonito, no sentido máis amplo: con boa comida, boa música e bo ambiente. E facelo da man dos nosos locais, que son unha peza clave na vida da vila”, explicou o concelleiro.
Ramiro Fernández Rey concluíu afirmando que estas actividades “reforzan toda a ampla oferta turística que ofrece Burela, como a Ruta do Peixe, Barco Museo e Rutas Xeolóxicas, entre moitas outras”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



