Cervo, 13 de agosto, 2025. O Curso de Monitor/a de Tempo Libre que se desenvolveu este verán no Concello de Cervo dentro do programa Avívate, contou coa participación de 16 mozos e mozas que recibiron formación teórica e práctica cunha ampla variedade de actividades tanto dentro como fóra da aula.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse estes días a visitar ao grupo para coñecer de preto o seu traballo e interesarse polo desenvolvemento da formación. Aproveitou a ocasión para agradecer a implicación do alumnado e recoñecer tamén o esforzo e a dedicación de Alicia, a monitora encargada de acompañalos neste proceso qur culmina este mércores cun xantar de confraternidade.
Este curso, ten como finalidade capacitar a futuros/as monitores/as para traballar en campamentos, actividades culturais e de lecer educativo, fomentando valores como o traballo en equipo, a responsabilidade e o respecto polo medio.
“Desde o Concello de Cervo seguimos apostando pola educación non formal, o ocio saudable e a formación de calidade para a mocidade”.