Dendo o Concello destacaron a participación, o compañeirismo e a continuidade das propostas ao longo do ano
Burela, 29 de agosto de 2025. A Casa da Xuventude de Burela puxo fin onte ás actividades de verán cun acto de despedida no que se entregaron medallas e agasallos ás mozas e mozos participantes. Durante os últimos meses estes practicaron xogos como o UNO, tenis de mesa e brilé, chegando a disputar torneos das dúas primeiras disciplinas.
Máis alá dos resultados, o ambiente festivo e o compañeirismo marcaron a dinámica das actividades. “As rapazas e os rapaces participantes mostraron a súa satisfacción co programa e as gañas de repetir, mesmo durante todo o ano. Por iso lles lembramos que poden seguir acudindo á Casa da Xuventude cando queiran e inscribirse no Grupo de Participación Adolescente (GPA), activo durante todo o curso”, explicou Mario Pillado, tenente da alcaldesa.
No acto tamén se fixo unha mención especial a María, integrante fundadora do GPA, que recibiu un agasallo do Concello como recoñecemento á súa implicación coa infancia e a mocidade. A moza marcha agora cara unha nova etapa nos seus estudos universitarios, para os que se lle desexou moita sorte.
O tenente de alcaldesa destacou “o éxito da programación de verán, que conseguiu implicar á mocidade nun espazo de encontro e convivencia. Desde o Concello queremos seguir apostando pola Casa da Xuventude como lugar de referencia, tanto para actividades lúdicas coma para proxectos de participación”.
Así mesmo, Pillado aproveitou para lembrar que a partir do luns 1 de setembro a Casa da Xuventude recuperará o seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde, convidando a toda a infancia e mocidade a participar das súas propostas de ocio.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.


