O punto de venda estará dispoñible este venres, coa posibilidade de colaborar economicamente coas Festas de San Roque tanto de xeito presencial como por transferencia
Viveiro, 5 de agosto de 2025. A Comisión Viveiro en Festas estará presente este venres 08 de agosto na XLI Feira de Artesanía de Viveiro, cun stand de venda e información desde o que se poñerá á disposición do público o merchandising oficial das Festas de San Roque 2025.
Ademais do merchandising, a comisión tamén terá á venda décimos da lotaría de Nadal e os calendarios con fotografías antigas das festas, para aquelas persoas que aínda non tiveron ocasión de facerse cun deles.
Desde a comisión destacan a boa acollida que está tendo o merchandising entre a veciñanza e o apoio que se está recibindo en cada iniciativa. “Estamos moi agradecidos pola resposta da xente; notamos que hai ganas de colaborar e de facer piña coas festas”, sinalan. A venda destes artigos supón unha axuda importante para continuar avanzando na organización das actividades e eventos previstos para San Roque.
Doazóns abertas: petitoria alternativa para quen non estaba na casa
Tras realizar a tradicional petitoria casa por casa, a comisión lembra que moitas persoas non se atopaban nos seus domicilios no momento do percorrido. Por este motivo, ábrese agora unha nova oportunidade de colaborar: o venres 8 de agosto das 17:30 ás 22:00 horas, calquera veciño ou veciña poderá realizar a súa achega económica directamente no posto da comisión.
Así mesmo, habilitouse unha vía alternativa para quen non poida acudir de xeito presencial. A comisión puxo á disposición da xente un número de conta bancaria a través do cal se poden facer doazóns por transferencia. Esta medida busca facilitar a participación a todas aquelas persoas que non poidan colaborar presencialmente.
Número de conta para doazóns:
[ES61 0049 7711 0526 1003 6745]
Titular: Comisión Viveiro en Festas
Concepto recomendado: Doazón Festas San Roque 2025
A comisión anima a toda a veciñanza a achegarse, participar e aportar o seu gran de area para que San Roque volva ser unha celebración inesquecible, cun cartel musical encabezado por De Ninghures, Azúcar Moreno e Dasoul, ademais doutras moitas actividades que se anunciarán nos vindeiros días.
Xa se ve San Roque.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



