Burela, 29 de agosto, 2025. A Confraría de Pescadores de Burela comeza o novo Proxecto “Pescarte: a prol da pesca Costeira Artesanal”, para o que conta coa resolución favorable da Consellería do Mar e se lle concede unha axuda ao abeiro da orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas polo GALP A Mariña-Ortegal no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 (Expte: PE155A-2025-00027)
O total subvencionado ascende a 115.328,45€, dos cais o 70% esta cofinanciado pola Union Europea a traves de Fondos FEMPA (80.729,92€) e o 30% a Comunidade Autonoma de Galicia (34.598,53€)
O Proxecto “Pescarte: a prol da PESca Costeira artesanal” Pescarte ten como obxectivo principal divulgar e sensibilizar á comunidade sobre a importancia da pesca costeira artesanal, así como revalorizar tanto as técnicas de pesca tradicionais e os oficios pesqueiros como as especies capturadas de maneira sostible na costa local, contribuíndo á súa conserva e á mellora do seu consumo; así mesmo, busca incentivar o relevo xeracional e dar a coñecer e por en valor produtos pescados pola frota burelense e comercializados na lonxa da localidade.
O seu obxectivo específico é permitir unha economia azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuicolas
️ Os resultados esperados son:
-Reforzo do relevo xeracional no sector pesqueiro e aumento da sustentabilidade economica local -Aumento da practica da pesca sostible eficiente no uso dos recursos e respetuosa co medio ambiente -Incremento do consumo dos produtos pesqueiros do territorio
-Incremento da valorizacion dos produtos locais pesqueiros menos conecidos e con potencial gastronomico
-Aumento da participacion e integracion da mocidade no sector pesqueiro
-Incremento da participacion e incorporacion das mulleres nas actividades maritimo pesqueiras -Aumento da visibilidade e empoderamento das mulleres que traballan no sector pesqueiro
-Incremento da recuperacion e valorizacion do patrimonio cultural pesqueiro e as actividades maritimo pesqueiras
-Incremento da accesibilidade, da integracion real e efectiva e do acceso a cultura marineira inclusiva
-Incremento do reconecemento do papel da Confraria como entidade dinamizadora do ambito local
-Incremento do uso de sistemas enerxeticos mais eficientes e ecoloxicos
O Proxecto Pescarte é de carácter bianual e conta con 10 actividades.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



