O Presidente asinou un convenio de colaboración co presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña para garantir a asistencia continuada ás persoas con enfermidade mental persistente que a entidade presta neste centro do municipio burelés
Lugo, 20 de agosto de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración co presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado Rivero, a través do que a institución provincial realiza unha achega económica de 15.000 euros a esta entidade para dar continuidade ao labor asistencial que presta no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, un dos sete complexos dos que dispón este colectivo, que presta atención diaria a 25 usuarios e usuarias.
José Tomé subliñou o importante traballo que realiza esta asociación na mellora da calidade de vida dos seus usuarios e usuarias, así como na atención ás súas familias. Así mesmo fixo fincapé “na necesidade de avanzar na integración social e no apoio constante a un colectivo que precisa dunha atención especializada e continuada”.
A achega da Deputación contribuirá a cubrir os gastos correntes do centro, que ofrece atención diaria de luns a venres a 25 persoas usuarias, mediante programas de rehabilitación psicosocial e prelaboral. As intervencións inclúen obradoiros de pintura, arteterapia, estimulación cognitiva, informática ou costura adaptada; atención psicolóxica individual e grupal; terapia familiar e actividades de vida diaria e habilidades sociais.
Esta colaboración garante unha atención integral e personalizada, favorece o desenvolvemento persoal das persoas usuarias e impulsa a súa autonomía, facilitando tamén o apoio necesario ás súas familias.
Asociación Saúde Mental A Mariña
A Asociación Saúde Mental A Mariña leva desde 1999 prestando asistencia continuada a persoas con enfermidade mental na comarca. Conta con sete dispositivos especializados en varios concellos da Mariña lucense, entre eles, centros de rehabilitación en Burela, Ribadeo e Viveiro, unha unidade residencial, unha residencia resort, un piso protexido e unha vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental.
A entidade atende de forma directa a arredor de 150 persoas, converténdose nun referente en saúde mental comunitaria na provincia de Lugo e en toda Galicia.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



