A actividade foi presentada pola alcaldesa Mariña Gueimunde e representantes da Asociación Proa
Viveiro, 1 de agosto de 2025. A edición número 41 da Feira de Artesanía de Viveiro celebrarase do 8 ao 17 de agosto nos Xardíns Noriega Varela. Contará cunha ampla representación de oficios tradicionais e propostas contemporáneas. Ademais, disporá de preto de corenta expositores e incorporará este ano unha programación específica de demostracións artesás no posto denominado «Encontros». Será organizada polo Concello de Viveiro e a Asociación Proa, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. A inauguración terá lugar o día 8 ás 17.30 horas
As actividades comezarán o sábado 9 cunha mostra de cantería (17.30 a 21.30 horas), á que seguirán o cartón pedra o domingo 10 (17.30 a 21.30) e o gravado en vidro o luns 11, tanto en horario de mañá (11.00 a 14.30) como de tarde (17.30 a 22.00). O xoves 14 será a quenda da cestería (de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas) e o venres 15, dos instrumentos musicais (no mesmo horario). A sala do Conservatorio acollerá ese mesmo día unha exhibición de palilleiras (11.00 a 18.00). O sábado 16 terá lugar unha demostración de fiado con roca, tamén en sesión de mañá e tarde, e o domingo 17 pecharase a programación coa bonequería.
O día da inauguración, no posto «Encontros» instalarase un posto da Comisión de Festas de San Roque con material promocional. O cartel da Feira de Artesanía é obra de Neira Brochs.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, salientou durante a presentación da iniciativa o valor da feira como espazo de encontro interxeracional e para darlle visibilidade ao traballo artesán: «A artesanía é parte da nosa identidade como pobo e esta feira permite conectar tradición e creatividade, dándolle ao público a oportunidade de coñecer en directo como se elaboran pezas únicas».






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



