Cervo, 7 de agosto, 2025. Estará instalada na Praza do Campos con actividades para involucrar e concienciar tamén aos máis pequenos/as da casa en horario de 12:00 a 01:00 da madrugada con actividades dinámicas para todos os públicos que se desenvolverán durante todo o día como lugar activo, dinámico e aberto á poboación, a través de actividades lúdicas, educativas e creativas:
• Obradoiro de bolsas de tea
• Ruleta infantil da Igualdade
• Ruleta da Igualdade para a Mocidade e persoas adultas
• Photocall
• Obradoiro de chapas
Todo elo, con persoal especializado e coa colaboración de Mujeres en igualdad de Cervo (CERMEI)
A Festa da Maruxaina é unha das celebracións máis emblemáticas da contorna, que reúne a centos de persoas de todas as idades nun ambiente festivo.
Neste contexto, cremos –explicou a alcaldesa, Dolores García Caramés- que resulta fundamental promover espazos seguros, igualitarios e libres de violencias machistas. Por iso, a instalación dun Punto Violeta durante a festa convértese nun elemento clave para a prevención, a sensibilización e a atención.
A festa da Maruxaina é pois tamén unha oportunidade perfecta –engadiu- para sementar valores e fomentar unha cultura de respecto e convivencia.