Os socialistas reuníronse co Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, para dar voz ás principais demandas da veciñanza, como a mellora de estradas, pasos de peóns e actuacións de mantemento
O Vicedo, 5 de agosto de 2025. O Grupo Municipal Socialista do Vicedo mantivo unha reunión de traballo co Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, para trasladarlle as propostas e necesidades recollidas na primeira rolda da iniciativa Escoitámosvos, coa que os socialistas están a visitar as diferentes parroquias do municipio para coñecer de primeira man as inquedanzas e prioridades da veciñanza.
Durante o encontro, os socialistas expuxeron as principais demandas recollidas, como os desbroces, a mellora da rede viaria no municipio ou a instalación dun paso de peóns na rúa Rosalía de Castro para reforzar a seguridade. Tamén abordaron outras cuestións, orientadas a mellorar a calidade de vida no municipio.
A colaboración entre o PSdeG e a Deputación de Lugo xa se traduce en feitos concretos. Ao longo de 2025, o organismo provincial destinará máis de medio millón de euros a distintas actuacións de mellora nas comunicacións do Vicedo. Entre elas, destacan as obras no tramo urbano da estrada LU-P-6405, que dá acceso á praia de Xilloi, cun investimento de 170.000 euros. Ademais, a través do Plan de mellora das estradas 2025, a Deputación investirá case 330.000 euros na rehabilitación do firme das estradas LU-P-6401 e LU-P-6402, que conectan Suegos con Falcoeira e o Vicedo co Cristo de Portapena, pasando pola Cruz da Pardiñeira, respectivamente. As actuacións inclúen a pavimentación con aglomerado en quente, reapertura de cunetas e nova sinalización.
A estas melloras súmase tamén o apoio da Deputación á vida deportiva e social do municipio, con iniciativas como a achega de máis de 16.000 euros á Unión Deportiva Folgueiro. Este acordo permite garantir a continuidade do club e facer fronte a gastos de mantemento das instalacións, equipamento, transporte e arbitraxes, entre outros.
“Nós chamamos ás portas que faga falta para mellorar o noso concello, con propostas construtivas e realistas. E vostede, señor alcalde, que está facendo?”, cuestionaron dende a agrupación.
A iniciativa Escoitámosvos continuará nos vindeiros meses, coa vontade de facer do PSdeG un instrumento útil e aberto á participación, ao servizo da veciñanza. “Fúmonos para agosto coas tarefas feitas: levando as propostas ao Pleno do Concello, reuníndonos cos responsables da Área Sanitaria e tamén coa Deputación. Escoitamos, traballamos e conseguimos feitos concretos para O Vicedo”, concluíron os socialistas.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



