Os populares preguntaban no último pleno canto ía custar e a que se comprometeu José Tomé para acadar a tregua temporal do PSOE no goberno da Deputación e “nin sequera negaron a crise nin o pacto oculto que asinaron para parala temporalmente”
Lugo, 4 de agosto de 2025. “A pesar de que o goberno provincial non quixo aclarar aos lucenses o que nos vai custar a tregua temporal do PSOE para que José Tomé siga á fronte do goberno da Deputación de Lugo, os últimos movementos evidencian a existencia dun pacto oculto”. É máis, “nin sequera negaron no último pleno, en resposta á nosa pregunta, nin a crise nin o pacto oculto que asinaron para parala temporalmente”, segundo explica o portavoz popular, Antonio Ameijide.
O popular afea “a falta de transparencia do goberno de PSOE e BNG cos propios veciños e veciñas” ao negarse a facer público o seu contido e, especialmente, “o custe que terá para as arcas provinciais e que outras concesións acordaron” e que, polo tanto, poidan repercutir nos intereses dos lucenses.
Así, subliña que “é evidente que existe un pacto para tapar a crise interna do PSOE e mercar a paz temporal dos deputados que non asistiron ao pleno de xuño”, pero do que aínda non se coñece todo o alcance”. Por agora, “hai unha parte que é pública, porque o recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP)”: o aumento da dedicación parcial de Iván Castro do 50% ao 75%. Pero a isto hai que engadir as primeiras “cotas” que xa pagou Tomé.
Por unha banda, fai uns días asinaba con José María Arias, alcalde de Castroverde, un convenio co Concello por valor de 562.677,58€ dos que 281.338,79 € serán financiados pola Deputación de Lugo. E, por outra, na xunta de goberno do pasado venres 1 de agosto, o goberno provincial aprobaba outro convenio. Neste caso co Concello de Guitiriz, cuxa alcaldesa tamén formaba parte do grupo de tres deputados que se ausentaran no pleno de xuño. Do total de 264.332,80€, a Deputación de Lugo financiará 250.000€.
Todo isto evidencia, por un lado, Tomé “non foi capaz de devolver a normalidade democrática á Deputación de Lugo como anunciaba o propio presidente na súa chegada á institución provincial” e tamén que “se non saca a chequeira a pasear, non tería nin con quen tomar un café nin dentro do seu propio partido, nin tampouco con membros do seu goberno”.
E, polo outro, que os tres deputados non pretendían defender a igualdade tanto dentro do partido coma en relación á xestión e á forma de gobernar de PSOE e BNG na provincia, senón “intereses persoais. que buscaban era aumentar o seu soldo e diñeiro a dedo a través de convenios cos Concellos onde gobernan”.
Ameijide pregúntase, polo tanto, “cantas reparticións máis a dedo seguiremos vendo para que Tomé siga no sillón, tanto na Deputación coma no PSOE provincial”.
TOMÉ, SÓ E SEN APOIOS NA PROVINCIA
O popular lembra tamén que “no último pleno pretendía sacar adiante unha iniciativa en contra da presidenta do PP lucense, pero non saíu aprobada” toda vez que “os socios de goberno, o BNG, non apoiou a proposta de Tomé”.
É dicir, nos últimos plenos, “fíxose palpable non só a crise interna dentro do PSOE lucense” que no mes de xuño supuxo que o goberno provincial non lograse sacar adiante unha das súas propias propostas; senón tamén “o desacordo co seu socio no goberno provincial, o BNG” que no do mes de xullo non apoiou unha iniciativa presentada polo propio Tomé.
É máis, “no seu anuncio aseguraba que se presentaría nos concellos da provincia, pero só a rexistrou en Monforte, o municipio que el mesmo goberna. Nin sequera no concello de Lugo onde é alcalde o seu compañeiro no goberno provincial, Miguel Fernández, e onde Elena Candia lidera a oposición”.
IGUALDADE ENTRE OS CONCELLOS DA PROVINCIA
Os deputados do Partido Popular reivindican a igualdade de trato para tódolos concellos da provincia. Perro, “mentres que José Tomé emprega os recursos de tódolos lucenses para calmar as voces críticas internas, máis da metade dos concellos da provincia -os que están gobernados polo Partido Popular- sofren a falta de colaboración da Deputación”.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



