As actividades desenvolveranse do 23 ao 26 de agosto con entrada de balde
Burela, 21 de agosto de 2025. O Concello de Burela presentou a súa tradicional ‘Festa Fin de Verán’, unha programación lúdica que se celebrará na Praza do Concello entre os días 23 e 26 de agosto. A iniciativa incluirá inchables e atraccións acuáticas, dirixidas ao público infantil e xuvenil, e contará con acceso gratuíto.
As actividades comezarán o sábado 23 de agosto, en horario de 16:00 a 19:30 horas.
Os días 24, 25 e 26 de agosto a programación ampliarase con sesións de mañá e tarde, que terán lugar de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
O obxectivo do evento é ofrecer un espazo de ocio familiar e pechar a tempada estival cunha proposta aberta a toda a veciñanza e visitantes.