O Valadouro, 25 de agosto, 2025. A Asociación Cultural Amado Lar organiza, coa colaboración do Concello do Valadouro, a XXXV Mostra Folclórica como xa vén sendo habitual a fin de semana antes das Festas do Oito.
A cita será o domingo trinta e un de agosto ás 19:00h na Praza de Santa María do Valadouro.
Ademais do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoo a A. F. O Arco da Vella de San Miguel de Reinante (Barreiros)
Haberá sorpresas, en decembro cumpren 40 anos e durante a mostra farán un pequeno acto conmemorativo.
Tamén efectuarán o sorteo de dous décimos de lotaría de Nadal e unha pandeireta.
As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación.
Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas ese día, o evento trasladarase a Casa da Cultura.
A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde – noite de música e baile tradicionais.