A ala zurda brasileira procedente do AD Ceuta FS incorporarase ao noso plantel para esta próxima tempada
Burela, 8 de agosto, 2025. Gabriela Dias Lucchesi (01/03/91 – Caraibas, Baía. Brasil) é a nova fichaxe do CD Burela FS para continuar completando o plantel do equipo feminino para este curso 25/26. A ala zurda, que xogou tanto a fútbol campo como fútbol sala, destaca pola súa velocidade, versatilidade, técnica e no un contra un, con excelente capacidade para adaptarse a distintos sistemas de xogo.
Con ganas de achegar ao equipo, a brasileira defínese como xogadora: “Son disciplinada, profesional, loitadora e incansable. Sempre dou o mellor de min en cada adestramento e cada partido. Teño un perfil físico que me permite soster un alto ritmo de xogo e adaptarme a distintas esixencias. Adáptome con facilidade a diferentes esquemas e variables de xogo. Ademais, son moi comprometida co equipo e co proxecto e creo que podo achegar non só desde o futbolístico, senón tamén desde a actitude e a constancia. Estou sempre disposta a aprender e a sumar, no individual e no colectivo”.
Tres veces campioa bahiana de futsal, participou na Taça Brasil e Copa de Brasil en Primeira División, e foi campioa de fut7-Etapa Nordeste co Jequié (Baía). Tamén foi integrante do Minas Brasília, competindo na Serie A do Campionato Brasileirão feminino, a elite do fútbol campo feminino en Brasil. Dá os seus primeros pasos en fútbol campo no Juventude – BA (2017/2018) pasando a formar parte do Ipatinga na siguiente tempada e posteriormente no Bahía na 2019/2020. Na 20/21 ficha polo Minas Brasilia FF e estrease no futsal disputando a Segunda División femenina en España, dende a campaña 21/22, no AD Teldeportivo. Continúa no AD Ceuta FC dende a 22/23 ata a pasada 24/25, colaborando nos ascensos a Primera División de ambos equipos.
A brasileira está ilusionada co seu ingreso no Burela. “Véxoo como un paso importante no meu desenvolvemento profesional. Burela é un club con moita tradición no futsal feminino e ter a oportunidade de formar parte deste grupo é unha responsabilidade que asumo con moita seriedade, pero tamén con entusiasmo. Quero medrar, competir ao máis alto nivel e contribuír aos obxectivos do equipo”, sinala. Gabi Lucchesi móstrase motivada por formar parte deste renovado proxecto. “Paréceme que o club está atravesando unha etapa moi interesante. A renovación que están impulsando mostra un compromiso forte co crecemento e a mellora continua. Nótase que hai unha visión de futuro ben pensada, e iso motiva a quenes formamos parte. Persoalmente, estou entusiasmada co proxecto e con ser parte deste proceso de transformación”, valora.
Aínda que nunca xogou en Vista Alegre xa oíu falar da nosa gran Familia Laranxa: “Aínda non tiven a oportunidade de xogar en Vista Alegre, pero teño moitísimas ganas de sentir o que se vive alí. Faláronme moito da Marea Laranxa, de como apoian ao equipo en cada partido, e a verdade é que estou desexando compartir a pista con esa enerxía dende a bancada. Sei que xogar con esta afección será algo especial e teño moitas ganas de vivilo e dalo todo por eles”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


