Xove, 4 de agosto de 2025. O BNG de Xove, que vén de rematar unha campaña de recollida de sinaturas para que se cubra a praza da segunda médica – por xubilación-, denuncia agora a pésima situación do centro de saúde do concello que verase agravado ao longo deste mes. Concretamente, as veciñas de Xove terán dende hoxe e ata finais de mes para os dous cupos tan só 5 días con atención médica do estilo PAC (de 10 a 15h)e tres días pola tarde para aqueles veciños que pertenceran ao cupo da doutora que se xubilou e que, aínda a día de hoxe, segue sen cubrir a súa praza.
Unha xestión ficticia da cobertura dos centros de saúde
“Hai xusto un mes o alcalde de Xove reuníase xunto con outros rexedores do Partido Popular da comarca, co xerente da área sanitaria de Lugo, quen prometía ante estes que priorizarían a cobertura nos centros de saúde da Mariña durante o verán. Máis alá de que de nada serviu, aquí estamos, sen cubrir prazas e sen cubrir debidamente as vacacións da única doutora con praza a día de hoxe no noso centro” afirma a voceira nacionalista Pilar Vázquez.
Un perigo para a saúde das veciñas e veciños
“Non é só que quen o precise non teña outra opción que acudir ao PAC a Burela, se non que tamén aquelas veciñas que se atopen en situación de baixa laboral non podan ter un seguimento da súa situación ou mesmo veciños con circunstancias sanitarias complexas que van ver como cada semana serán atendidos por un doutor diferente. Non é xusto nin para o paciente nin para o profesional que tampouco poderá traballar nas condicións óptimas” insiste Vázquez. “As veciñas de Xove terán que elixir que días poñerse enfermas no mes de agosto se non queren saturar o PAC de Burela. O Partido Popular ten toda a responsabilidade sobre esta situación e xa non serve de nada poñerse de perfil ante o problema, todos e todas necesitamos que o sistema sanitario público funciones pois máis cedo que tarde, precisaremos da sanidade pública” conclúe Vázquez que ademais anima á veciñanza a poñer reclamacións no centro de saúde.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



