Os nacionalistas denuncian o sectarismo do alcalde José Manuel Lamela ao discriminar ás veciñas e veciños de Moucide, Santa Cruz, Budián, Frexulfe, Santo Tomé e Recaré dexándoas sen axudas
O Valadouro, 28 de agosto, 2025. O Grupo Municipal do BNG no Valadouro vén de presentar unha moción na que se demanda que por parte do concello se regulen as subvencións ás diferentes asociacións do concello, dado que este actual goberno municipal practica a discriminación e a discrecionalidade na concesión das mesmas. Meses atrás, cando a elaboración dos orzamentos de 2025 o BNG xa denunciara que o Partido Popular deixaba sen axudas este ano a nada menos que seis Asociacións de Veciños que realizan unha importante labor de dinamización social e cultural, que son as de Moucide, Santa Cruz, Budián, Frexulfe, Santo Tomé e Recaré.
O concello tén que abrir un procedemento para a concesión de subvencións
Tal como se contempla nas Bases de Execución dos orzamentos, o outorgamento das subvencións a asociacións pode ser a través dun procedemento de concorrencia competitiva ou ben a través dun procedemento de concesión directa, mediante convenios ou nominativamente reflectindo no documento orzamentario de forma expresa o nome das asociacións beneficiarias e a cantidade asignada.
Visto esto, o BNG proponlle ao concello que elabore un procedemento transparente e igualitario para a concesión de subvencións a asociacións, tal como recollen as Bases de Execución do Orzamento de xeito que non quede ningunha fóra daquelas que o soliciten e cumplan cos requisitos.
Neste sentido o portavoz municipal Eduardo Chao manifestou que “temos que rematar con esta política de discriminación que está levando a cabo o Partido Popular coas asociacións, que fan unha importante labor pero que sen axuda do concello pouco poden facer porque os recursos que tenen son escasos”.
Dúas asociacións levan axuda e seis non. “Esa é desastrosa xestión do PP”
No pleno do pasado 15 de abril o BNG fixo constar que unha vez examinados os orzamentos, non figuraba ningún tipo de subvención para as asociacións das parroquias de Santa Cruz.
“Nosoutros no exercicio anterior, cando estivemos no goberno tiñamos recollido nos orzamentos 70.000€ para subvencións, e ese diñeiro repartíase entre todas as asociacións, sen discriminacións de ningún tipo, pero agora este novo gobeno do PP apoiado por Udival volve á súa práctica habitual de dar subvencións a dedo, por que dúas subvencións sí que as deu, pero marxinando a seis asociacións que fan unha importante actividade nas súas parroquias” manifestou o concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



