O senador Balseiro demostra que non sabe nin aquilo que vota no Senado. Agora esixe a construción do forno de ánodos cando no mes de abril acordou unha Moción no Senado sobre o futuro de Alcoa que non dicía unha soa palabra e non reivindicaba en absoluto a construción do forno. Trátase dunha lexítima reivindicación dos traballadores desde un ano antes pero que non mereceu a menor atención do PP nin na iniciativa que presentaron nin no texto pactado co Partido Socialista. Por que o senador do PP non dedicou nin unha liña ao forno de ánodos hai tampouco tempo? Iso pásalle por querer saír na prensa a toda costa, o que lle leva a caer unha e outra vez na incoherencia.
Porque non se interesa tamén polo apoio que a Xunta de Galicia dará á construción do forno xa que ten competencias exclusivas en materia de política industrial? O único que lle interesa é facer méritos cos seus xefes provinciais á conta da verdade.
A proba do algodón do que ao PP interésalle Alcoa e os seus traballadores é que votaron en contra da rebaixa do 80% das peaxes á industria electro intensiva, medida clave para seguir recortando, e de maneira substancial, os custos enerxéticos aos que teñen a desvergoña de referirse os senadores do PP coa súa pregunta. Unhas peaxes que foron rexeitados polo PP xunto ao BNG no Decreto sobre o apagamento. Pero débenlles unha explicación aos traballadores de Alcoa e a toda A Mariña sobre a razón porque o seu voto volveulles a prexudicar e de maneira tan grave. Diso, nin unha palabra. Moito ruído, nin unha soa verdade.
César Mogo
Senador socialista por Lugo