Os populares afean, polo tanto, ao PSOE que “tiveran que remexer nun fondo de 40M€ dentro dun orzamento de 14.000M€ para intentar iniciar unha mensaxe de agravio territorial que non ten fundamento”
Lugo, 8 de agosto de 2025. O PP lucense subliña que “a provincia de Lugo leva dende o ano 2020 liderando o investimento por habitante por parte do Goberno galego” dando resposta ás políticas de reequilibrio territorial das provincias do interior fronte ás do Atlántico. O investimento na provincia de Lugo é o maior de Galicia, con 5.840 euros por habitante fronte a 4.717 euros por habitante da media.
O Goberno galego financia, con fondos propios, actuacións como a intervención no Anxo Carro por 1,6M€, a estación intermodal de Lugo con 6,2M€, o plan director do Hospital da Mariña con 5,6M€, actuacións no Hospital de Monforte por 2,2M€ ou diversas actuacións viarias por máis de 6M€, por citar algún investimento en Lugo.
Os populares afean, polo tanto, ao PSOE que “tiveran que remexer nun fondo de 40M€ dentro dun orzamento de 14.000M€ para intentar iniciar unha mensaxe de agravio territorial que non ten fundamento”.
E advirten que “o PSOE minte” sobre as achegas do Fondo de Compensación Interterritorial” porque “se poden incorporar ao ano seguinte se as obras que financiaban se atrasan e, polo tanto, non se perden”. É máis, “non existe unha data límite para executar os fondos asignados cada ano”, remarcan.
Dende o PP lucense cren conveniente lembrar que “o Fondo de Compensación Interterritorial era o gran instrumento de cohesión económica financiado con fondos nacionais e xestionado polas CCAA que o presidente Zapatero recortou a Galicia dos 203M€ aos 77M€ -unha redución do 60%-, un axuste do que aínda non se ten recuperado xa que a asignación actual rolda os 40M€ por ano”.
A Xunta pasou de financiar múltiples pequenos proxectos durante o bipartito a financiar grandes proxectos de execución máis complexa a través do Fondo de Compensación Interterritorial que garante a incorporación de fondos ano a ano acompañando a execución física das obras.
Ademais, o Goberno galego optou por investir eses fondos no eido sanitario. Co goberno do Partido Popular dirixíronse 39M€ no 2024 a esta finalidade, mentres que o bipartito investía 0 euros. Así, esa foi a cantidade que investiu no HULA procedente do Fondo de Compensación Interterritorial. Con cargo a estes fondos, baixo un goberno do Partido Popular, a Xunta investiu no CIS do novo barrio da Residencia e no Plan director do Hospital da Mariña.
SEN MELLORAS NOS SERVIZOS FERROVIARIOS
Os populares subliñan que as declaracións da portavoz municipal do PSOE sobre os servizos ferroviarios “confirman que nada mellorou nin se avanzou. O alcalde e o PSOE lucense fixeron anuncios de reunións, pero non concretaron ningunha mellora nas frecuencias para Lugo”. E, ademais, lembran que “o PSOE – coa complicidade do BNG- permiten que o Goberno de Sánchez deixe a Lugo e á provincia fóra da alta velocidade”.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



