Volta e Dálle programa dúas xornadas de actividades pola lingua con contacontos, teatro, espectáculos de regueifas e concertos de Paco Nogueiras e Ugía Pedreira
Lugo, 5 de agosto de 2024. O espazo cultural Teatro das Cortes, impulsado pola Asociación Cultural Volta e Délle en Cabanas, no Vicedo, acollerá esta fin de semana o Festival Lingua Moza, cunha variada programación arredor da lingua.
A iniciativa conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na programación, pensada para un público familiar con diferentes propostas culturais e lúdicas para nenas e nenos e foros sobre a situación social da lingua.
O deputado Daniel García acompañado por Pepe Penabade e Jose Ribeira presentaron a axenda destas dúas xornadas que a asociación vicedense presenta como unha “festa para gozar da lingua” e unha oportunidadede “abrir camiños para lingua desde a simpatía, a música, a natureza e a sorpresa”
Daniel Garcia puxo en valor “a iniciativa de Volta e Dalle que recuperoun unha antiga corte para, como eles din, facer cultura na aldea. Nós cremos firmemente nas múltiples oportunidades que nos abren a lingua e a cultura, e este proxecto, avalado polo traballo de todas as persoas que integran a asociación e pola traxectoria actoral e o activismo de Pepe Penabade, é un exemplo dese horizonte” e amosouse convencido de que “o festival contribuirá a darlle máis visibilidade a esta iniciativa, tamén máis aló da Mariña”.
O programa comeza o sábado ás 11.30 horas co lanzamento da Guía sociolilngüÍstica para familias elaborada pola Escola de Ensino Galego Semente de Lugo con consellos para familias en relación coa transmisión do galego. A seguir, Sechu Sende realizará un obradoiro de regueifa para familias e a contacontos Marta Ortiz presentará o espectáculo “Tralará. Contos, obxectos e música”
Pola tarde, haberá unha mesa redonda sobre “Lingua e Infancia” e unha actuación do grupo de regueifeiras adolescentes Regueifa Tour que revolucionarán a tarde cun espectáculo de pandeiretas, bases electrónicas e improvisacion oral cantada. A xornada rematará cun concerto de Paco Nogueira.
O domingo arrancará cun “Diálogo entre culturas”, dinamizado polo Proxecto Neo de Burela, coa participación de representantes de Indonesia, Senegal, Cabo Verde e Galicia. Tras o xantar, haberá un roteiro teatral coa Asociacion Son D´Aldea e unha actuación do contacontos Anxo Moure. O festival pechará cun concerto de Ugía Pedreira , unha das grandes referencias da música galega contemporánea cun reperterio no que mesturará folk, trad, electrónica, ska e sons latinos.
As persoas asistentes poderán disfrutar os dous días dunha merenda con produtos de Porco Celta co programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto.
Programa
Sábado 9 de agosto
11.30 horas Presentación da “Guía sociolingüística para familia” da Escola de Ensino Galego Semente de Lugo
12.30 horas Obradoiro de regueifa para familias. Con Sechu Sende.
13.30 horas. Contacontos: “Tralará. Contos, obxectos e música”. Con Marta Ortiz.
14.30 horas. Xantar
17.00 horas. Mesa redonda: “Lingua e infancia”
19.00 horas. Regueifa Tour:
20.30 horas. Concerto de Paco Nogueiras
Domingo 10 de agosto
12.30 horas Diálogo entre culturas.
14.15. Xantar
17.30 horas. Roteiro teatral “O valor da auga” co grupo de teatro Asociación Son D´Aldea.
19.00 horas. Actuación de Anxo Moure “Unha árbore vén vernos”
20.00 horas. Concerto de Ugía Pedreira