Ribadeo, 25 de agosto de 2025. Ribadeo recibiu a visita de Miguel Castroviejo, conselleiro de Medio Ambiente da Representación Permanente de España ante a Unión Europea. Xunto a el estiveron o alcalde, Dani Vega, e a tenente de alcalde, Begoña Sanjurjo.
O rexedor contou que “estes días visitounos Miguel Castroviejo, que é o conselleiro de Medio Ambiente da Representación Permanente de España ante a Unión Europea. Foi un encontro realmente positivo, satisfactorio e cun obxectivo moi claro, que é traballar coordinadamente, cunha conexión importante ante a Unión Europea. É unha das persoas que xestiona fondos europeos, unha das persoas que máis controla todo o sistema administrativo europeo, en sí complexo, por iso eu creo que un Concello ten que ter un contacto permanente e unha boa relación coa Unión Europea”.
Vega dixo que “todos os fondos que veñen por parte do Estado ou das Comunidades Autónomas na maioría son financiados ou cofinanciados coa Unión Europea. Hoxe é moi importante xestionar orzamento europeo, entender as claves e saber perfectamente que un Concello ten que xestionar o maior número de orzamento en beneficio do noso municipio”.
O alcalde subliñou que “Ribadeo convértese así no Concello con máis xestión europea. Neste caso estamos a falar de que superaríamos os 8 millóns de euros. Si destacamos a maior inversión, a máis importante, que é a xestión do abastecemento da auga. 8,5 millóns de euros é o custe total e o 60% desa cantidade foron xestionados con fondos europeos. O Life Global, o que quere é protexer todo o espazo natural da praia das Catedrais, son tamén fondos europeos, o Life Fluvial co que pretendemos conservar todo o entorno da ría eliminando plantas exóticas e invasoras, e facendo máis senda tamén”.
Dani Vega considera que “estamos na liña correcta desde o punto de vista da conservación do medio ambiente, pero tamén en inversión fundamental como é o abastecemento da auga, que para min e para moitos é a maior e a mellor obra que se puido xestionar e en breve a Xunta de Galicia a licitará”.
O rexedor declarou: “todo isto foi o que lle explicamos a Miguel Castroviejo e xa lle plantexamos novos retos que agora estamos xa plasmando, iremos tendo reunións con distintos municipios para plantexar un proxecto en beneficio da economía do global e tamén repercutir no noso concello. Esta primeira reunión foi de expoñer o que había feito e a partir de agora plantexar un novo proxecto e empezar a traballar e xestionar”.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



