O delegado territorial visitou en Chantada un dos establecementos adheridos ao programa, que ofrece descontos en compras e servizos culturais, de ocio e sanitarios para persoas maiores de 65 anos
Chantada, 29 de setembro de 2025.- O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, animou hoxe ás persoas maiores de 65 anos da provincia de Lugo a beneficiarse das vantaxes do Carné+65, que inclúe descontos e oportunidades en comercios e servizos culturais, de ocio e sanitarios de toda Galicia.
Arias visitou a empresa de telecomunicacións chantadina A Túa Xanela, que ofrece acceso a internet, telefonía e televisión. É un dos 104 establecementos lucenses asociados ao programa, entre os que figuran aloxamentos, axencias de viaxes, balnearios, ópticas, centros de audición, clínicas dentais, farmacias, servizos culturais e de espectáculos, tendas de moda e comercios de ámbito diverso.
O delegado apuntou que a Consellería de Política Social e Igualdade envía o carné aos galegos maiores de 65 anos, e se alguén non o recibiu pode solicitalo dirixíndose ao seguinte enderezo de correo electrónico: xestion.carne65.maiores@xunta.gal.
O Carné+65 é gratuíto para os ususarios e non precisa ser activado. Tan só haberá que presentalo nos establecementos inscritos para aproveitar os seus beneficios. Entre as posibilidades que ofrece, atópanse descontos directos de ata o 30% e beneficios especiais en numerosas actividades.
O programa conta cunha páxina web na que poden consultarse todos os detalles e a listaxe completa de negocios adheridos, que en toda Galicia son máis de 900. Na mesma web está dispoñible o formulario para que se apunten novas empresas.
Arias lembrou que a medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para garantir unha vida activa, saudable e independente ás persoas maiores, entendendo o envellecemento activo non só como actividade física, senón que tamén teña en conta a participación social e a estimulación intelectual. Outras accións nese mesmo sentido son o programa Benestar en Balnearios, as Casas do Maior, o programa Xuntos polo Nadal ou as aulas sénior.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



