O Alto da Gañidoira reuniu arredor de 800 animais e acolleu carreiras, un certame morfolóxico e unha degustación de hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega
Muras, 28 de setembro de 2024. Muras celebrou este domingo un nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, organizada polo Concello coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A feira reuniu arredor de 800 animais -gando cabalar e vacún – dunhas corenta ganderías da contorna e do resto do país, refrendando un ano máis Muras como un concello de referencia en Galicia na promoción e apoio á gandería extensiva e aos seus produtos.
O recinto do Alto da Gañidoira acolleu, ademais dos curros cos animais á venda, diversas actividades de promoción do gando cabalar como actividades iniciación á hípica, carreiras de andadura e un concurso morfolóxico de Puraga.
O deputado de Rural Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente de alcalde e coordinadora da Feira Paula Gómez entregaron os galardóns do certame que recoñeceu os tres mellores exemplares de Poldro, Semental e Egua. Ancora de Adrián Mariño (Viveiro), Chocolate de Marcos García (Trabada) e Garúa de Juan Gasalla (Lourenzá) lograron os primeiros en cadansúa categoría.
Un dos puntos máis concurridos da Feira foi a degustación de hamburguesa de carne de cabalo Pura Raza Galega, organizada no marco do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Nutrida presenza do BNG
Unha nutrida reprsentación de cargos orgánicos e institucionais do BNG asistíu á Feira. Os deputados no Parlamento Daniel Castro, Secundino Fernández e a viceportavoz Olalla Rodil, xunto co deputado provincial de Medio Rural Daniel García, o responsable e a vicerresponsable do BNG na comarca, Antonio Veiga e Iria Cotelo acompañaron ao alcalde Manuel Requeijo e as concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba nesta importante feira. Os nacionalistas, por medio do seu deputado no Parlamento, responsable dos temas de Medio Rural, Secundino Fernández destacaron “a importancia do gando equino e especialmente das razas autóctonas propias para o mantemento dos montes e para conseguir a sustentabilidade ambiental e a prevención de incendios co manexo de gandería extensiva no monte e o seu pastoreo, algo que o BNG sempre defendeu e leva a práctica alí donde goberna, coma no caso de Muras colaborando desde o goberno municipal cos colectivos de gandeir@s”. Referíronse tamén a outra actividade moi importante en Muras como é a apicultura, tamén especialmente apoiada polo concello, que así mesmo tén unha feira específica no mes de novembro.