Trabada, 2 de setembro de 2025. O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, vén de remitir unha carta ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, para trasladarlle a preocupación da veciñanza de Fórnea ante a situación da antena de telefonía instalada nesta parroquia.
A finais do ano 2019 o Concello de Trabada solicitou á Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) a mellora da cobertura móbil en diferentes zonas do municipio. Froito desta petición, instalouse unha antena en Fórnea, que entrou en funcionamento no mes de marzo de 2025, logo da cesión dunha finca municipal e da adecuación dos accesos por parte do Concello.
Porén, desde o mes de xullo a antena deixou de funcionar. O Concello de Trabada trasladou en reiteradas ocasións a incidencia á Amtega, pero o problema segue sen resolverse.
O rexedor subliña: “Estamos a falar dun servizo básico, fundamental para os nosos veciños e veciñas, que despois de moitos anos de espera por fin viran mellorada a súa cobertura móbil. Conseguimos poñer en marcha a antena en 2025, pero só estivo operativa uns meses. Agora atopámonos outra vez sen este recurso esencial no rural”.
García Freije engade: “O Concello de Trabada seguirá ofrecendo toda a colaboración necesaria á Xunta de Galicia para garantir que a antena volva funcionar canto antes. Non podemos permitirnos dar pasos atrás cando falamos de servizos básicos e de calidade no rural”.
Desde o Concello de Trabada quérese reiterar a disposición total a cooperar con todas as consellerías competentes para mellorar as infraestruturas e garantir que a veciñanza disfrute dunhas condicións de igualdade no acceso ás telecomunicacións.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



