O portavoz Antonio Ameijide e o deputado provincial Clemente Iglesias visitaron A Pontenova xunto á portavoz municipal, Conchita Novo, para comprobar o estado das obras despois de que o goberno provincial aprobara resolver o contrato coa construtora
A Pontenova, 9 de setembro de 2025. Os populares preguntan ao goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo cando van rematar as obras da residencia e centro de día da Pontenova despois de que o goberno provincial aprobara na xunta de goberno do pasado venres resolver o contrato coa construtora.
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e o deputado Clemente Iglesias, visitaban a localidade xunto á portavoz do PP local, Conchita Novo, un ano despois de ter advertido xa da lentitude das obras de construción do edificio para o centro de atención a maiores que “xa debería estar rematado”.
Os populares esixen explicacións ao goberno de PSOE e BNG porque tras o inicio das obras en setembro de 2022 e cun prazo de execución de 15 meses, “a realidade é que, a día de hoxe, tres anos despois, seguen sen rematar”, segundo advirte o portavoz provincial. Nese sentido, “preocúpanos a situación desta residencia agora que o goberno provincial decide romper o contrato coa construtora sen que a obra estea rematada”.
Ameijide afea as “constantes mentiras” en relación ás residencias provinciais por parte de PSOE e BNG. A residencia da Pontenova fora anunciada no 2018 asegurando que estaría rematada no 2019. O contrato para a súa construción fora formalizado en agosto do 2022 e as obras comezaron en setembro dese mesmo ano acumulando ata tres ampliacións de prazo. “A realidade é que os veciños agardan por un servizo prometido fai sete anos, pero que non chega”.
Os populares esixen o remate das obras e a apertura do servizo canto antes e pregúntanse canto vai costar cada praza: “se vai costar o mesmo que nas outras nove residencias da rede provincial que están abertas ou se o goberno de PSOE e BNG pretende que coste un 60% máis, como na residencia de Becerreá”.
“Dende o Partido Popular continuaremos reclamando a finalización da obra e a posta en marcha do servizo de atención a 30 persoas en réxime de residencia e a 20 no centro de día que, ademais, suporá a creación de postos de traballo no municipio”. E, tamén, “continuaremos defendendo a igualdade entre os veciños e veciñas da provincia” porque “non pode ser que algúns veciños e veciñas teñan que pagar máis polo mesmo servizo na rede de residencias da Deputación como pretenden o PSOE e o BNG no caso da residencia de Becerreá”, segundo apunta Ameijide.
RESIDENCIAS COMPROMETIDAS E CENTROS DE DÍA SEN ABRIR
O portavoz provincial lembra que “o centro comarcal de Becerreá que xa está rematada continúa pechado”, pero “tampouco están en funcionamento outras sete residencias comprometidas”, a maioría no mandato 2015-2019. Nalgúns casos están en construción con importantes atrasos a de Guitiriz e a da Pobra do Brollón. E, noutros, nin sequera se empezaron a construír coma no caso de Cervantes, Folgoso do Courel, Ourol, Pantón e Portomarín.
Así mesmo, o popular lembra que “tampouco están en marcha ningún dos centros de día das residencias provinciais que están abertas”. É dicir, “o goberno de PSOE e BNG incumpre o seu propio compromiso de prestar atención diúrna nos centros da Deputación”.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



