Carme da Silva: “Non se trata dun expediente administrativo, trátase de amosar a posición política e debe ser rotunda en contra de Altri”
Madrid, 16 de setembro de 2025. A iniciativa do BNG para reclamar que o Goberno do Estado non destine “nin un só euro” de fondos públicos para a instalación dunha macrocelulosa no corazón da Galiza foi vetada pola maioría absoluta do Partido Popular no Senado. A senadora do BNG, Carme da Silva, denuncia a posición dos populares que, no canto de defender os intereses dos galegos e galegas, están a actuar como comerciais de Altri e sinala que “non se trata dun expediente administrativo” senón de “amosar a posición política” que “debe ser rotunda en contra de Altri”.
Nova oportunidade para reconsiderar posturas e “escoitar o clamor da sociedade galega”
A senadora nacionalista chamou ao resto de forzas políticas a recapacitar e reconsiderar a súa postura en relación á instalación da macrocelulosa que Altri quere instalar no corazón da Galiza. “Non se trata dun expediente administrativo, do que se trata é de amosar a posición política e debe ser clara: que Altri non reciba recursos públicos que lle permita levar a cabo este atentado ambiental” enfatiza Carme da Silva durante a súa intervención.
Neste sentido, Carme sinalou que o Goberno galego do Partido Popular está “actuando como comercial da empresa no canto de exercer como defensor e garante dos dereitos da sociedade galega”. Do mesmo xeito, continuou, débese abandonar toda ambigüidade, rectificar a súa postura e rexeitar que Altri reciba recursos públicos. “Hai unanimidade na sociedade galega. Hai que escoitar o clamor da sociedade e non conceder fondos públicos para que se instale o macroproxecto de Altri no corazón da Galiza” asevera.
Incompatibilidade co medio: o verán como proba
“Este verán, a Galiza padeceu unha vaga de lumes que aínda continúa co incendio de Barreiros. Estes lumes que arrasaron o noso país evidencia a necesidade dun xiro radical na política rural, territorial e forestal. Altri redundaría nesta política de forestal ao basearse na plantación de eucalipto e a súa transformación en pasta de papel” sinala a senadora do BNG durante a defensa da moción. Deste xeito, ampliaría e aumentaría agravaría o problema da eucaliptización que existe na Galiza e agravaría o problema dunha “política forestal pirófita que provoca que ano tras ano haxa incendios”.
Do mesmo xeito, a instalación desta macrocelulosa -subliña da Silva- provocaría un maior abandono do sector agrogandeiro polo que “iría radicalmente en contra do que hipocritamente di defender o Partido Popular, que é o asentamento de poboación no rural e a defensa do sector pesqueiro e marisqueiro”.
Outro feito que pon de manifesto a incompatibilidade da instalación desta macrocelulosa na Galiza coa necesidade de captación de auga que tería. “O embalse de Porto de Mouros, este verán, estaba a 39% de capacidade. As sequías recorrentes e o turbinado poñen de manifesto que é un auténtico disparate que se execute a instalación desta fábrica” afirma a senadora do punto de vista ambiental.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



