Alfoz, 27 de setembro de 2025. O vindeiro sábado 11 de outubro o Concello de Alfoz celebrará o XXXI Festival da Terceira Idade, unha cita xa tradicional que ten como obxectivo recoñecer a traxectoria vital e social das persoas maiores do municipio e favorecer un espazo de encontro e convivencia.
A xornada dará comezo ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación, terá lugar unha comida de confraternidade no Pavillón Municipal, acompañada de diferentes actos de animación.
Poderán participar todas as persoas maiores de 65 anos ou pensionistas empadroadas en Alfoz, que ademais poderán acudir cos seus cónxuxes. As inscricións deberán realizarse na Oficina de Servizos Sociais do Concello, entre o 19 de setembro e o 3 de outubro.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda Paz, subliñou a importancia desta celebración: “O Festival da Terceira Idade é un momento moi especial para toda a veciñanza, porque rende homenaxe ás persoas que construíron o noso concello co seu esforzo e traballo. É tamén unha oportunidade para compartir vivencias, reforzar lazos e desfrutar dunha xornada festiva todos xuntos”.
Maseda destacou ademais o compromiso do goberno municipal co benestar das persoas maiores: “En Alfoz temos moi presente a importancia de coidar e acompañar ás nosas persoas maiores, que son a memoria viva do noso pobo. Con actividades coma esta queremos agradecerlles todo o que nos transmitiron e seguir fomentando a súa participación activa na vida social do concello”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



