Foz, 8 de setembro de 2025. A Policía Nacional, en colaboración co Concello de Foz, pon en marcha un servizo de expedición do DNI e pasaporte que vai a permitir ás veciñas e veciños renovar os seus documentos sen desprazarse a Viveiro. O VIDOC -Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional- vai estacionar no Paseo da Ribeira, diante do CENIMA, o martes 23 de setembro. Para este novo servizo que ofrece o Concello de Foz xa se pode pedir cita, a través da páxina web municipal https://concellodefoz.gal/cita-dni/, no teléfono 982.14.00.27 de luns a venres de 9 a 14 horas ou de forma presencial no rexistro do Concello.
Na páxina web municipal recóllese toda a documentación necesaria para obter o novo documento. O pago das taxas (12 euros no caso do DNI, 30 euros no caso do pasaporte) debe abonarse no vehículo VIDOC no momento da renovación, en efectivo e na cantidade exacta.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “desde o pasado mes de xuño podemos renovar as claves e os certificados do DNI na máquina PAD que está situada no casa do Concello. Agora poderemos renovar tamén o DNI físico, sen ter que desprazarnos a Viveiro. Están habilitadas xa as primeiras datas para pedir cita: o 23 de setembro e o 28 de outubro. Polo de agora o vehículo VIDOC da Policía Nacional vai a acudir unha vez ao mes a Foz, diante do CENIMA, e vai expedir 30 documentos en cada desprazamento. Quero agradecerlle ao comisario provincial, Luis Romera, a sensibilidade coa nosa demanda e á subdelegada, Isabel Rodríguez, o traballo feito para implantar un novo servizo que achega a administración aos cidadáns e lles facilita a vida”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



