A Mariña, 1 de setembro de 2025. Este venres, 5 de setembro, comeza a sexta edición dos Plans con corazón, unha exitosa iniciativa coa que coñecer a riqueza dos 16 concellos que compoñen A Mariña Lucense. As primeiras actividades terán lugar os días 5, 6 e 7 de setembro nos municipios de Viveiro, O Valadouro e Mondoñedo, respectivamente. Serán plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais, expertos coñecedores do territorio.
VIVEIRO – Venres 5 setembro -10.30h.
Galdo, un concello que deu leña! Con Noela Feal
Visita para coñecer o antigo Concello de Galdo e a súa historia vinculada a persoeiros históricos como Pardo de Cela, a liñaxe dos Vivero ou María de las Alas Pumariño. Visita á Panadería de Forno de Leña de Galdo e participación dunha experiencia interactiva.
O VALADOURO – Sábado 6 setembro – 9.30h.
O Cadramón, cumio da Mariña con Boris Vilar
Ruta de 12 quilómetros para afondar en como o ser humano comparte, dende tempos ancestrais, este espazo agreste coas bestas, o lobo e a orografía de montaña debuxada polo glaciarismo e que conta cun altísimo valor natural e paisaxístico. Ademais, escoitarase a historia do lugar a través da memoria de Indalecio, un dos últimos pastores nestas terras.
MONDOÑEDO – Domingo 7 setembro – 9.30h.
Mondoñedo: val de auga e raíces con Ana Pena
Ruta da Auga ata a fervenza do Salto do Coro e visita ao produtor de porco celta Celtagal, membro do Colectivo de Gastronomía da Mariña.
Información e reservas
Plans con corazón é un programa promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Aínda quedan prazas libres nas actividades desta primeira fin de semana, polo que as persoas que o desexen poden reservar a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon
As prazas son limitadas e cada actividade terá un custo que varía dos 5€ (inscrición individual), 9€ (inscrición en parella) e 15€ (inscrición grupal para un máximo de 5 persoas), un prezo que inclúe a visita guiada e os seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.
Entre o 5 de setembro e o 12 de outubro terán lugar as 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.
As saídas son lideradas por guías oficiais de Galicia, coñecedores do patrimonio local, e tamén por perfís especializados en xeoloxía e ornitoloxía. Todos eles colaboran coa empresa Volta Montana para configurar esta iniciativa, coa que amosar A Mariña como un destino atractivo e diverso, contribuír á desestacionalización do turismo –xa que promove viaxes e visitas fóra dos meses de maior afluencia– e ampliar o coñecemento do territorio a nivel local. Un proxecto para conectar coa esencia da Mariña e descubrir os seus recursos máis singulares.
Os guías oficiais serán Noela Feal, Carmen Delia, Ana Pena e Boris Vilar, guías locais acreditados co selo de calidade turística SICTED para o destino A Mariña Lucense; o guía especialista en xeoloxía Iván Rodríguez; e o guía especializado en ornitoloxía Carlos Gil.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



