O Presidente da institución provincial e o Alcalde deste municipio asinaron en San Marcos un convenio de colaboración por preto de 14.000€ para financiar a 49ª edición do Concurso de Gando Vacún e a 32ª edición do Concurso de Gando Cabalar
Lugo, 7 de outubro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Fonsagrada e Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, veñen de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará 12.000€ a este Concello da Montaña para axudar no financiamento de dúas feiras de gando emblemáticas na comarca: a 49ª edición do Concurso de Gando Vacún e a 32ª edición do Concurso de Gando Cabalar.
Este acordo conta ademais coa aportación do Goberno municipal, que completa o financiamento con outros 1.730€ para chegar aos preto de 14.000€ necesarios para sufragar os gastos das dúas citas gandeiras máis importantes do concello.
Tomé Roca enmarcou esta colaboración na Cooperación cos Concellos e no apoio ao sector primario, “determinante na economía da nosa provincia e tamén na identidade do noso territorio. Somos unha provincia cunha pegada agrogandeira indeleble e queremos que continúe sendo así, porque é unha actividade económica que xera emprego, riqueza e cohesión territorial”. Pola súa banda, Carlos López engadiu o peso destas citas na promoción do turismo, “porque constitúen un atractivo e nesas datas notamos un incremento de visitantes na vila”.
Concretamente, este investimento de ambas administracións serve para financiar o transporte do gando, costear os premios, facer fronte ao pago dos xuíces, comprar os trofeos e á difusión e promoción deste evento.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



