Burela, 30 de outubro, 2025. A Fundación Expomar presentou esta mañá no Hotel Nordés de Burela o proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia”, que está financiado no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
A este acto, no que interveu a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, o concelleiro de Mar de Burela, Ramiro Fernández, e o xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’; asisitiron representantes das entidades que forman o Padroado da Fundación Expomar, do Concello de Burela, do Galp A Mariña-Ortegal e dos diferentes centros de ensino e prestadores de servizos sociais que están involucrados no proxecto.
A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, puxo en valor este tipo de iniciativas que promove Expomar cara ao desenvolvemento social das vilas e pobos da Mariña, abrindo o sector pesqueiro a outros ámbitos, como o patrimonio cultural e gastronómico, e a diferentes públicos, como neste caso a mocidade.
Pola súa banda, o concelleiro de Mar de Burela, Ramiro Fernández, fixo un repaso das principais actividades que se desenvolverán ao longo dos próximos meses dentro deste proxecto: investigación sobre hábitos de consumo de peixe, certame literario sobre o mundo do mar, elaboración dun receitario de sabores mariñeiros tradicionais, limpeza de praias e exposición de crebas mariñas e proposta gastronómica dun “petisco de peixe”, que se está a elaborar na Escola de Hostalería de Foz.
“Xeración Peixe” abrangue así unha serie de diversas actividades que afectan a diferentes sectores de actividade e a públicos de distintas xeracións: centros de ensino e centros de inclusión.
Todos os traballos realizados durante este proxecto, que comezaron xa no mes de outubro nos centros de ensino de Burela, culminarán nun Congreso da infancia e a adolescencia, que se celebrará no primeiro semestre de 2026 e no que se porá en valor o potencial da pesca o dos seus produtos na contorna da Mariña, non só polo que implica a nivel de alimentación, senón polo que supón no ámbito do desenvolvemento social e económico.
Finalmente, o xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, destacou algúns dos obxectivos que se perseguen con este proxecto, como poñer en valor os recursos pesqueiros da contorna e promover o consumo consciente e local.
De feito, a través da celebración do “Día do Peixe”, que se celebrará nos primeiros meses de 2026, incrementarase o consumo de peixe nos centros de ensino públicos, en centros de inclusión e de maiores, proporcionando a Fundación Expomar produto pesqueiro aos servizos de cociña dos centros para que faigan diferentes elaboracións para servir ás persoas usuarias; unha acción que terá un impacto en máis de 1.000 persoas da contorna.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



