Lugo, 14 de outubro de 2025. A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebra os vindeiros 23 e 24 de outubro a súa décima reunión de outono, un encontro formativo que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que se centrará na recuperación do territorio co pastoreo e a gandería extensiva.
O Salón de Actos da Escola Politécnica de Lugo acollerá a actividade, na que se presentarán unha ducia de experiencias de gandería extensiva em distintos puntos de Galiza e se contrastarán com proxectos doutros puntos do Estado como a Escola de Pastors i Pastores de Cataluña.
Ao longo da xornada, avaliaranse tamén as posibilidades que a gandería extensiva abre para o relevo xeneracional nas ganderías, o papel dos concellos no dinamismo rural ou da Escola Politecnica como vía de entrada ao sector agrogandeiro.
O deputado de Rural Daniel García destacou a “a oportunidade de formación e intercambio de coñecementos entre gandeiros e gandeiras que supoñen estes encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, nesta ocasión arredor dun modelo produtivo que apoiamos de forma transversal desde a área de Rural com distintos programas e liñas de axuda”.
Programa
Xoves 23 outubro
11.00 horas
Benvida ás xornadas
11.30 horas
Apertura das xorandas
11.45 horas
Proxección dun vídeo conmemorativos
12.00 horas
Presentación de experiencias inspiradoras de gandería extensiva: Javier Fernández Gómez, Ovidio Queiruga, CMVMC de Meira (Moaña), Javier Cotado, Álex Varela e Yolanda Pacín, Granxa Teixeiro e Pistón, Marcos Fernández Guerra, Uxía Salvatierra, Granxas de Lousada SC, Mariví Rodríguez, Granxa Casa da Fonte
15.30 horas
Visita a Carballo Vivo e Traloagro.
Venres 24 de outubro
10.00 horas
Benvida ás xornadas
10.10 horas
Presentación da Escola de Pastors i Pastores de Catalunya. Laia Batalla
11.00 horas
Sesión interactiva: os retos do relevo na gandería
12.20 horas
Coloquio grupal
13.00 horas
Acto de nomeamento de sócios de honra
15.30 horas
Chandrexa de Quiexa: lumes, xente e gando. Xaveir Fernández Arias
16.00 horas
Oportunidades da gandería extensiva no futuro. Román Sánchez. A Carqueixa
16.30 horas
O paple dos concellos no dinamismo rural. Fundación Terreo. Roberto Fernández
17.00 horas
A EPSE: unha vía de entrada no sector agrogandeiro. Benigno Ruiz e Brais Vázquez.
17.30 horas
Peche das xornadas
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



