Efrén Castro e Daniel García destacaron “a fortaleza e a unidade” que transmite o Burela FS neste inicio de temporada, cun equipo feminino con 8 xogadoras da Mariña
Burela, 29 de outubro de 2025. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o deputado de Mocidade Daniel García e o tenente alcalde de Burela Mario Pillado visitaron esta tarde ao Burela FS, que conta unha temporada máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo como principal apoio institucional.
Os responsables provinciais mantiveron un encontro coa directiva e xogadoras e xogadores de categorías absolutas e de base – biberóns e benxamíns -, aos que felicitaron “pola imaxe de unidade e fortaleza que o club transmite neste inicio de temporada, sobrepoñéndose ás dificultades económicas e organizativas no final da campaña pasada pola perda do patrocinio histórico de Pescados Rubén”.
Efrén Castro trasladou “o apoio estable e continuado que se ofrece ao club a través de subvencións anuais, que reforzamos nos últimos meses con financiamento adicional para a participación de equipos profesionais en competicións estatais” e destacou “o traballo que a directiva fixo neste tempo para, con eses recursos e outros apoios, comezar esta temporada de novo con tres equipos sénior e trece equipos de base”.
Daniel García valorou especialmente que “a reconfiguración do primeiro equipo feminino se fixera cunha ampla representación de xogadoras da comarca -Silvia Rubal, Cris Blanco, Lola Muñoz, Lara Díaz, Marina García, Irene Suárez e Mara Fiallega-, cinco delas en idade xuvenil, que proban a fortaleza do fútbol sala feminino na provincia, que sempre subliñamos desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que fai posible proxectos coma este”.
O tenente alcalde de Burela Mario Pillado tamén felicitou ao club por “un inicio de temporada diferente con equipos absolutos feitos de novo, sobre todo na sección feminina” e subliñou que “debe ser un orgullo para toda a familia laranxa, para a vila e para a comarca que nestes momentos díficiles sexa a xente da casa e a xente que representa o deporte de base quen toma as rendas e intenta sacar a situación adiante”
Ademais das subvencións nominativas destinadas a gastos de actividade do club ou vinculadas á promoción do futbol sala burelés, que neste anualidade suman 175.000 euros, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo contribuiu ao financiamento da participación do Burela FS na Copa da Raíña, cun patrocinio excepcional de 18.000 euros.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



