Trátase do primeiro dos novos aparcadoiros previstos no Plan de Mobilidade Urbana Sostible e conta con 43 prazas
Burela, 13 de outubro de 2025. Esta mañá abriu ao público o novo aparcamento municipal situado entre as rúas Leandro Cucurny e José María González Río, que ofrece 43 prazas de estacionamento, das cales unha está reservada para vehículos de persoas con mobilidade reducida.
A partir do martes 14 de outubro cambiarase o sentido de circulación do tramo de Leandro Cucurny comprendido entre Curros Enríquez e Lamestra, dentro das actuacións do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Burela, dando así por concluídos os axustes previstos nesta contorna.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “con este abrimos o primeiro dos novos aparcadoiros que temos previstos poñer en marcha. É unha mellora que forma parte dun conxunto de actuacións pensadas para facer de Burela unha vila máis accesible e cómoda para todos e todas”.
Carmela López engadiu que “estes cambios de circulación e os novos espazos de estacionamento axudan a crear un tráfico máis fluído e seguro, respondendo ás demandas da veciñanza”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



