A iniciativa gastronómica, que regresa a partir deste xoves, 16 de outubro, conta coa participación da Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar e Bodega De Ana, coa colaboración do Concello de Cervo
Cervo, 13 de outubro de 2025. A hostalería de San Cibrao volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa “Sanci Tapeando”, que regresará a partir deste xoves, 16 de outubro, ofrecendo unha nova oportunidade para gozar da gastronomía local a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade.
Esta proposta gastronómica, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne nesta edición aos establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar e Bodega De Ana.
A presentación tivo lugar na Casa da Cultura e contou coa presenza da rexedora Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez, e dunha representación dos locais participantes.
Durante todos os xoves, cada establecemento ofrecerá unha tapa diferente e elaborada, ao prezo único de 2,5 euros. Ademais, as persoas que se acheguen a degustar as propostas poderán participar nun sorteo de dous vales, de 200 e 100 euros, para consumir nos locais adheridos á iniciativa.
TAPAS DESTE PRIMEIRO XOVES, 16 DE OUTUBRO
Cervecería A Penúltima: solombo en salsa de castañas
Cervecería Las Titas: timbal de gulas
Bar Maruxaina: mexillóns á mariñeira
Bar O Faro: tosta castelá
Terraza O Noso Lar: hamburguesa de tenreira con queixo San Simón e cebola caramelizada
Bodega De Ana: ovos rotos
As persoas interesadas poden seguir semana a semana todas as tapas e novidades da ruta gastronómica a través da conta de Facebook “Sanci Tapeando”.
Dende o Concello de Cervo “anímase á veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do Sanci Tapeando, unha excelente mostra da calidade culinaria e da vitalidade da hostalería local”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



