As obras inclúen actuacións previas no encauzamento do río para illar o piar e non afectar á calidade das augas e a intervención para fixar a cachotería e restaurar por medios manuais con pedra natural e un acabado acorde á tipoloxía tradicional e coas mesmas características que a orixinal
Mondoñedo, a 15 de outubro de 2025. O Concello de Mondoñedo vén de adxudicar as obras para a reparación do piar da Ponte do Arco, en Masma, por un importe superior aos 48.000 € (48.393,95 €) que serán achegados pola Xunta de Galicia a través dun convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para a concesión dunha subvención directa para este proxecto senlleiro de promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca.
O piar da ponte presenta un deterioro que pode afectar significativamente á estrutura da ponte e, polo tanto, supón un risco para o tránsito. Así, “é moi importante a reparación urxente desta edificación histórica que reflicte unha gran riqueza cultural para evitar maiores danos”.
O equipo de goberno subliña que “esta obra se leva a cabo despois de moito traballo por parte do Concello e grazas á colaboración da Xunta de Galicia e á súa vontade para dialogar e ofrecer solucións aos problemas dos nosos veciños”.
ACTUACIÓNS
As actuacións previstas inclúen previamente o encauzamento do río para illar o piar sen que as obras afecten á calidade das augas. E, en canto ás actuacións no propio piar, contémplase fixar a obra de cachotería e restaurar o corpo do piar por medios manuais, mediante pedra natural e outros materiais para minimizar o impacto visual e cun acabado acorde á tipoloxía tradicional e coas mesmas características que a orixinal.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



