Viveiro, 17 de outubro, 2025. Este venres clausurouse en Viveiro a décima edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, coa colaboración da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime; a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; e o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo e da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero, presidiron o acto de clausura do décimo Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico-Noroeste, no que presentaron un resumo das conclusións e acordos alcanzados entre o sector pesqueiro e as administracións.
Previamente, pola mañá levouse a cabo unha reunión de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras, tanto de España como das comunidades autónomas do Cantábrico.
Nela, Isabel Artime aproveitou para poñer en valor esta Interfederativa do Cantábrico Noroeste, consolidada xa como un punto de encontro esencial entre o sector da frota de baixura e as administracións públicas, o que favorece o diálogo e a cooperación para avanzar cara a unha pesca máis sostible e competitiva.
Durante máis de tres horas os representantes do sector expuxeron ás administracións as principais conclusións derivadas da primeira xornada da Interfederativa, que se celebrou o xoves pola tarde, e na que participaron representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
A clausura do congreso iniciouse coa proxección dun pequeno documental que resume a historia desta Interfederativa, no que interveñen moitas das persoas que formaron parte destes encontros no últimos dez anos.
O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, agradeceu a todas estas persoas o seu destacado papel na posta en marcha e continuidade deste evento, facendo posible un ano máis que se repita este foro de debate.
A continuación, compartiu as conclusións que se debateron na Interfederativa do luns e que se acababan de presentar ás representantes da administración.
Un dos debates centrais da xornada virou en torno ao proxecto de real decreto que regulará as medidas de xestión dos recursos pesqueiros, aínda que tamén se trataron outros temas importantes como as cotas ICCES, a modificación do regulamento de control, o RD 186/2023 do Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima, o RD 587/2024, cuestións relacionadas co ISM e con pesquerías concretas, como o atún vermello ou o bonito do norte.
O peche da clausura correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, agradecida de que este Concello, que conta cun dos portos pesqueiros máis importantes de España, acollese esta décima edición da Interfederativa.
Na súa intervención, destacou que é responsabilidade das administracións fomentar o diálogo co sector e buscar solucións a todas as problemáticas que hoxe en día sofre a pesca. Son moitas as familias de Viveiro, Galicia e norte de España que viven directamente da actividade do mar, e por iso é necesario este tipo de encontros para loitar polo futuro da pesca artesanal.
O encontro, que tivo lugar durante dous días nun Resort da localidade, contou tamén coa asistencia doutros representantes das administracións central e autonómicas, como a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Mª Aurora de Blas Carboeiro; o director xeral de Pesca Sostible, Ramón da Figuera Morais; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Cándido Rial Rodríguez; o subdirector xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Pedro Ribeiro Domínguez; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; o director de Pesca e Alimentación de Cantabria, Paulino San Emeterio; o viceconsejero de Pesca e Desenvolvemento Litoral do País Vasco, Leandro Azkue Múgica; e a directora de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Ixone Soroa.
Tamén estiveron presentes a directora do Instituto Social da Marina, Elena Martínez, e, por parte da Marina Mercante, a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ángela Pazó dos Santos; e o conselleiro técnico de Seguridade e Medio Ambiente de Galicia, Francisco Alonso.
No acto de clausura uníronse os representantes das organizacións de pesca da provincia, como Porto de Celeiro, Armadores de Burela, OPP-77 de Celeiro e OPP-7 do Porto de Burela; ademais doutras entidades pesqueiras e financieiras do eido local.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



