A Mariña, 20 de outubro de 2025. A sétima edición de Camiño Escena Norte bota o pano esta fin de semana coas derradeiras funcións, que terán lugar en Vimianzo e Ribadeo. O programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa chega así as últimas representacións, logo de ofrecer numerosos pases dos 18 espectáculos do seu Itinerario Constelacións en 60 sedes espalladas polos seis territorios.
En Galicia, Camiño Escena Norte -que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais- programou desde o pasado 12 de setembro funcións tanto a ceo aberto como en recintos escénicos de Arzúa, Carballo, Foz, Lugo, Negreira, Outes, Santiago de Compostela e Vilalba. Esta fin de semana terán lugar as últimas dúas representacións nos auditorios municipais de Vimianzo e de Ribadeo.
Así, o sábado 25, a compañía cántabra de artes escénicas e audiovisuais El Tejo Producciones presentará na Terra de Soneira El jardin de las posibilidades, do dramaturgo Carlos Troyano, quen describe así a peza: “Conta Federico García Lorca nas súas Suites que el coñece un lugar marabilloso chamado O xardín das posibilidades, alí habitan os amores que nunca foron, os fillos que non naceron e as decisións que nunca se tomaron. Se cadra alí aínda vive a súa amiga da alma Emilia Llanos, empeñada nun amor que nin sequera foi”. A obra propón un percorrido pola figura desta muiller e da investigación que iniciou con Agustín Penón para esclarecer o asasinato de Lorca.
O domingo 26 será a quenda de ZigZag Danza, a compañía asturiana de referencia en danza contemporánea que crea propostas innovadoras para todos os públicos. O seu traballo, presente en escenarios nacionais e internacionais, aposta pola emoción, a calidade e a accesibilidade, achegando a escena a públicos novos.
ZigZag Danza visitará o Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo con Postales Rotas, a súa premiada proposta de danza contemporánea para todos os públicos que aborda a realidade da migración en Asturias nos séculos XIX e XX, e coa que obtivo numerosos recoñecementos, como catro Premios Oh! das Artes Escénicas 2025 -entre eles, o de Mellor Espectáculo- ou o Premio Jovellanos á Produción Escénica 2024.
CAMIÑO ESCENA NORTE
Camiño Escena Norte nace no 2019 co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como fío condutor os roteiros históricos do Camiño de Santiago do norte da Península Ibérica. É unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas ESCENA GALEGA (Galicia), ESCENASTURIAS (Asturias), ACEPAE (Cantabria), ESKENA (Euskadi), ESNA (Navarra) e AESCENA (A Rioxa). Todas elas, unidas, conforman a supraentidade Camiño Escena Norte Agrupación de Interese Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción do proxecto.
Na súa sétima edición, Camiño Escena Norte conta no seu programa de exhibición, nomeado Itinerario Constelacións, con 18 espectáculos de teatro, danza e artes do movemento e circo que se representan en 60 sedes. Neste 2025, CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das seis comunidades implicadas: Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Goberno do Principado de Asturias; Goberno de Cantabria; Goberno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; Goberno de Navarra, Gobierno de La Rioja e Ministerio de Cultura. Colabora tamén a Deputación Provincial de Lugo e Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial; nun ano no que se incorpora Deleite. Ademais, CEN onta nesta edición coa colaboración especial da Asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.
AXENDA 25 E 26 DE OUTUBRO | CAMIÑO ESCENA NORTE 2025
25.10, ás 20.30h | Vimianzo. Auditorio Municipal
El jardín de las posibilidades, de El Tejo Producciones (Cantabria)
Teatro. Público adulto. Venda de entradas en www.woutick.es (5€ / reducido: 2,5€)
26.10, 20.00h | Ribadeo. Auditorio Municipal Hernán Naval
Postales rotas, de Zig Zag Danza (Asturias)
Danza. Todos os públicos. Venda de entradas: desde 30 minutos antes da función na billeteira do auditorio (3€)




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



